Selección de rugby de Australia
| Australia | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Campión do Tri Nations
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||
| Unión | Australian Rugby Union | ||||||||||||||||||||||||||
| Fundación: | 1949 | ||||||||||||||||||||||||||
| Emblema: | O Wallaby | ||||||||||||||||||||||||||
| Alcume: | Wallabies | ||||||||||||||||||||||||||
| Estadio: | Carece dun estadio principal | ||||||||||||||||||||||||||
| Adestrador: | Robbie Deans | ||||||||||||||||||||||||||
| Capitán: | Stirling Mortlock | ||||||||||||||||||||||||||
| Estrea internacional Nova Celandia 15 de agosto de 1903 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior vitoria Australia 23 de outubro de 2003 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior derrota Sudáfrica 30 de agosto de 2008 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Copa do Mundo de Rugby | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 6 (primeira en 1987) | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | 1 (1991, 1999) | ||||||||||||||||||||||||||
| Tri Nations | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 13 | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | 1 (2 veces) | ||||||||||||||||||||||||||
A Selección de rugby de Australia representa a Australia en rugby. O equipo é alcumado como os Wallabies e compite anualmente con Nova Celandia e Sudáfrica no torneo das Tres Nacións, no cal tamén compite pola Bledisloe Cup con Nova Celandia e pola Mandela Challenge Plate cos sudafricanos. Actualmente ocupa o terceiro posto no ranking mundial da IRB[1].
Australia ten competido en tódalas seis edicións que se levan disputado até o momento da Copa do Mundo de Rugby, sendo até o momento o equipo con máis éxito da competición, tras gañar o Campionato en dúas ocasións: en 1991 gañando a final contra Inglaterra e en 1999 contra Francia, chegando ademais á final en 2003, perdendo na prórroga contra os ingleses[2]. O rugby en Australia está controlado pola Australian Rugby Union (ARU). Sete antigos Wallabies forman parte do Salón da Fama internacional do rugby (IRHOF), sendo un deles, John Eales, incluído IRB Hall of Fame.
Índice |
Os símbolos [editar]
Equipamento [editar]
Os Wallabies xogan coas cores tradicionais tódolos equipos de Australia, verde e dourado. Antes que se utilizase esta camisola, o equipo xogaba coas cores do estado no que xogaban[3], ademais o escudo de armas australiano era replanzado polo logo do estado no xersei, toda esa variedade de cores foi utilizada nun gran número de encontros até aproximadamente o 1900[3].
En 1928 os corpos gobernantes acordaron que "as cores representativas de Australia verde e amarela, deben ser adoptadas"[3]. O ano seguinte os All Blacks foron a Australia, e o xersei que levaron foi verde esmeralda co escudo de Australia con medias con calcetíns verdes con barras na parte de arriba[3]. Este mesmo xersei foi utilizado con pequenas variacións durante os anos 30[3]. En 1961 na xira por Sudáfrica, para non confundir ás cores da súa camisola coas dos locais, cambiaron a cor das súas camisolas polo dourado, cor que permaneceu até hoxe en día[3].
O deseño de Canterbury para Australia da camisola no mundial de 2007 foi moi controvertido, xa que tiña unha franxas horizontais ao longo do peito que lembraban á forma dun sostén[4]. Isto levou a un columnista especializado en rugby do Sydney Morning Herald a publicar unha satírica columna comparando a camisola co sostén para homes que ideara o personaxe de Kramer na serie americana Seinfeld[5].
En 2009, os Wallabies levarán unha nova camisola elaborada pola multinacional deportiva Nike. O xersei está actualmente en deseño, pero os informes iniciais suxiren que levará máis dourado que nas últimas camisolas e eliminará as franxas de cor verde.
O wallaby [editar]
O alcume "Wallabies" é en referencia a marsupial wallaby, que se atopa amplamente distribuído por toda Australia. O nome ten as súas orixes na primeira xira polo Reino Unido e América do Norte en 1908. Nova Celandia viña de rematar a súa xira e toda a prensa inglesa os chamaba "os All Blacks". Isto levou á prensa australiana a pensar que eles tamén deberían ter a súa propia nomeada. Os Rabbits (coellos) parece ser que foi un dos nomes suxeridos, aínda que foi amplamente rexeitado xa que non querían chamar ao seu equipo como unha praga importada[6]. Finalmente optaron polo nativo wallaby no seu lugar, nome polo que se coñece actualmente á selección en todo o mundo.
Rexistros [editar]
Copa do Mundo de Rugby [editar]
Participacións de Nova Celandia na Copa do Mundo.
| Edición | Organizador | Posto |
|---|---|---|
| 1987 | Cuarto | |
| 1991 | Campión | |
| 1995 | 1/4 Finalista | |
| 1999 | Campión | |
| 2003 | Segundo | |
| 2007 | 1/4 Finalista |
Tres Nacións [editar]
Australia |
Nova Zelandia |
Sudáfrica |
|
|---|---|---|---|
| Torneos | 13 | 13 | 13 |
| Vitorias | 2 | 9 | 2 |
| Partidos xogados | 56 | 56 | 56 |
| Gañados | 23 | 39 | 21 |
| Empatados | 1 | 0 | 1 |
| Perdidos | 34 | 17 | 32 |
Rexistros de xogadores [editar]
Máis partidos coa selección [editar]
A seguinte listaxe recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección australiana[10]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. George Gregan é 139 o xogador con máis partidos internacionais de rugby do mundo de tódolos tempos. En negra xogadores que seguen en activo na selección de Australia.
- George Gregan - 139
- Stephen Larkham - 102
- David Campese - 101
- George Smith - 96
- John Eales - 86
- Joe Roff - 86
Máis ensaios [editar]
David Campese é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Australia[11], o xogador, hoxe retirado, ocupa o segundo posto na clasificación de número ensaios da historia coas súas seleccións nacionais, só superado polo xaponés Daisuke Ohata, con 67 ensaios.
- David Campese - 64
- Chris Latham - 40
- Tim Horan - 30
- Joe Roff - 30
- Lote Tuqiri - 30
- Matthew Burke - 29
Puntos [editar]
A marca de puntos marcados posúea Percy Montgomery con 893 puntos[12]. Este xogador, xa retirado, ocupa o sexto posto na lista histórica internacional de puntos coa súa selección.
- Michael Lynagh - 911
- Matthew Burke - 878
- Stirling Mortlock - 484
- Matt Giteau - 409
- David Campese - 363
- Paul McLean - 260
Notas [editar]
- ↑ IRB Ranking, consultado a 6 de abril de 2009. (en inglés)
- ↑ 1991 World Cup 1991 (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 History of the Australian Jersey (en inglés)
- ↑ The Wallabies New World Cup Jersey...ouch... (en inglés)
- ↑ Just one big Boks of contradictions(en inglés)
- ↑ Who are the Qantas Wallabies? (en inglés)
- ↑ coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de País de Gales e Escocia
- ↑ SuperRugby (en inglés)
- ↑ SuperRugby (en inglés)
- ↑ SuperRugby (en inglés)