Top 14
| Fundación | 1892 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 14 |
| Actual campión | Stade Toulousain (18º) |
| Máis laureado | Stade Toulousain (18 títulos) |
| Sitio web | Páxina oficial |
| Top 14 2011-2012 | |
Top 14 é o nome do campionato francés de rugby no que se enfrontan dende setembro a xuño os 14 mellores clubs profesionais de Francia. É unha das tres grandes ligas de rugby de Europa xunto á Premiership e ó Pro12. Actualmente está en curso a tempada 2011/12.
Índice |
Formato [editar]
A competición preséntase baixo o formato de liga a dobre volta, onde cada equipo enfróntase cos outros 13 dúas veces, unha como local e outra como visitante, completando un total de 26 xornadas.
Para mellorar o espectáculo importouse o sistema de puntuación do Super Rugby, de xeito que os puntos cóntanse do xeito seguinte: 4 puntos por unha vitoria, 2 puntos por un empate, 0 por unha derrota e 1 punto por cada equipo que marca máis de catro ensaios nun encontro (bonus ofensivo) e un punto para os equipos que perden por oito puntos ou menos (bonus defensivo).
Os 6 mellores equipos enfróntanse na fase de eliminatorias polo título. A final dispútase cada ano no Stade de France de París dende 1998 diante duns 80.000 seareiros. O trofeo que simboliza a victoria é o Bouclier de Brennus (Escudo de Brennus). Os dous últimos equipos da táboa descenden de categoría, deixando o Top 14 polo ProD2.
Cada tempada está composta por un total de 187 encontros.
Os 6 primeiros equipos da táboa acadan o dereito a disputar a Heineken Cup na seguinte tempada. A competitividade deste torneo desmóstrase no feito de que os equipos do Top 14 teñen chegado en 11 edicións á final, acadando 5 campionatos, nos anos 2010, 2005, 2003, 1997 e 1996.
A tempada 2010-2011 do Top 14 tivo unha asistencia media ós estadios de 15.119 persoas, por 13.959 da tempada 2009-2010, e 12.735 da tempada 2008-2009. Esto é posible grazas á nova costume dos principais equipos de disputar os seus encontros de máxima rivalidade en estadios de moita maior capacidade que os habituais.
Tempada actual [editar]
|
|
|||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 76 | 21 | 16 | 0 | 5 | 9 | 3 | ||||||||
| 2º | 74 | 21 | 16 | 0 | 5 | 6 | 4 | ||||||||
| 3º | 64 | 21 | 14 | 0 | 7 | 5 | 3 | ||||||||
| 4º | 58 | 21 | 12 | 1 | 8 | 3 | 5 | ||||||||
| 5º | 58 | 21 | 13 | 0 | 8 | 1 | 5 | ||||||||
| 6º | 55 | 21 | 12 | 0 | 9 | 2 | 5 | ||||||||
| 7º | 55 | 21 | 12 | 0 | 9 | 4 | 3 | ||||||||
| 8º | 48 | 21 | 11 | 0 | 10 | 1 | 3 | ||||||||
| 9º | 46 | 21 | 10 | 1 | 10 | 2 | 2 | ||||||||
| 10º | 43 | 21 | 9 | 1 | 11 | 1 | 4 | ||||||||
| 11º | 41 | 21 | 8 | 1 | 12 | 1 | 6 | ||||||||
| 12º | 31 | 21 | 5 | 0 | 16 | 2 | 9 | ||||||||
| 13º | 27 | 21 | 5 | 0 | 16 | 0 | 7 | ||||||||
| 14º | 15 | 21 | 2 | 0 | 19 | 1 | 6 | ||||||||
| Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). |
|||||||||||||||
Historia [editar]
O Campionato francés de rugby existe dende o ano 1892. O primeiro campión foi o clube parisino do Racing Club de France, actualmente coñecido coma Racing Métro 92, vencendo na final ó Stade Français París nun encontro arbitrado por Pierre de Coubertin, quen 4 anos despois sería o primeiro presidente do Comité Olímpico Internacional. Durante os seguintes anos a competición foi dominada por estos 2 equipos.
En 1899 o torneo incluíu equipos de fora de París por vez primeira, resultando gañador o Stade Bordelais de Burdeos, nunha final que tamén por vez primeira foi xogada fora de París. Na primeira década do século XX os dous equipos dominantes foron o Stade Bordelais (5 títulos) e o Stade Français (3 títulos). En 1910 a Selección de rugby de Francia foi incluída por vez primeira no Torneo das Seis Nacións grazas ó nivel acadado por aquel entón polos xogadores franceses.
Nos anos anteriores á I Guerra Mundial a Ligue Nationale de Rugby víu como o dominio da competición pasaba ós equipos da metade sur de Francia que dominarían no futuro o palmarés da competición. Stade Toulousain acadou a súa primeira liga en 1912, Aviron Bayonnais en 1913, e USA Perpignan en 1914.
A liga detívose entre 1914 e 1920, e cando retornou, os equipos parisinos ya non tiñan o nivel abondo para loitar cos equipos do sur de Francia. Stade Toulousain gañou 5 campionatos na década dos anos 20, por 2 títulos do USA Perpignan.
Nos anos 30 houbo 8 campións distintos, entre eles Biarritz Olympique e SU Agen. Neses anos as finais xogábanse sempre nas cidades de Toulouse e Burdeos, reflexo do poder que o sur de Francia tiña neste deporte. En 1932 a Selección de rugby de Francia foi expulsada do Torneo das Seis Nacións polas sospeitas de profesionalismo no campionato francés nun rugby que daquela aínda era amateur.
Por mor da II Guerra Mundial o campionato francés detívose de novo, entre 1939 e 1943. Cando a competición voltou, as finais tamén voltaron (só durante 4 anos) a París, ó Parc des Princes. Nos anos 50 vivíuse o dominio do Football-Club de Lourdes, que acadou 7 campionatos ata 1960. O nivel da LNR demóstrase na primeira vitoria da Selección de rugby de Francia en 1954 no Torneo das Seis Nacións (readmitida en 1947). Naquela época Toulouse acollía a metade das finais disputadas, e a outra metade repartíanse entre Burdeos e Lyon. Isto foi así ata 1974, cando as finais foron oficial e definitivamente levadas a París ata hoxe.
Entre 1971 e 1984 o AS Béziers dominou totalmente o torneo e gañou 10 ligas, que sumadas ó primeiro título do equipo en 1961, fixeron que o equipo de Béziers acadase o primeiro posto no palmarés da competición. Armand Vaquerin, membro daquel AS Béziers, segue a ser hoxe o xogador con mais títulos de liga na historia do campionato francés, con 10.
Na segunda metade da década dos 80 comezou o dominio do Stade Toulousain na competición, acadando 9 ligas entre 1985 e 2001. Os anos 90 confirmaron a definitiva resurrección dos equipos de París. Racing Club de France gañou a liga en 1990, primeiro título dende 1959 e segundo dende 1902. Stade Français París gañou o títulos de 1998 despois de 90 anos dende o seu anterior triunfo. Mais adiante repetíu en 2000, 2003, 2004 e 2007.
Actualmente o clube que máis títulos ten é o Stade Toulousain, con 18 escudos, seguido do Stade Français con 13, e do AS Béziers con 11. Dende 1995, ano no cal a IRB proclamou a profesionalización do rugby, os clubs que competían nas máximas categorías da liga francesa (Ligue Nationale de Rugby ou LNR) organizáronse para formar unha competición 100% profesional no país. Nos seguintes anos fixéronse moitas modificacións no formato do torneo, que en 2000 foi bautizado como Top 16, e que dende o ano 2005 funciona co formato actual e co nome actual (Top 14).
Palmarés [editar]
| Equipo | Campión | Finalista |
|---|---|---|
| Stade Toulousain | 19 | 7 |
| Stade Français | 13 | 8 |
| AS Béziers | 11 | 4 |
| SU Agen | 8 | 6 |
| FC Lourdes | 8 | 3 |
| Stade Bordelais | 7 | 5 |
| USA Perpignan | 7 | 9 |
| Racing Metro 92 | 5 | 6 |
| Biarritz Olympique | 5 | 3 |
| RC Toulon | 3 | 6 |
| Aviron Bayonnais | 3 | 4 |
| Castres Olympique | 3 | 1 |
| Section Paloise | 3 | 0 |
| Stadoceste Tarbais | 2 | 3 |
| RC Narbonne | 2 | 3 |
| Lyon OU | 2 | 1 |
| Union Bordeaux Bègles | 2 | 1 |
| ASM Clermont Auvergne | 1 | 10 |
| Stade Montois | 1 | 3 |
| US Quillan | 1 | 2 |
| Olympique de Pantin | 1 | 1 |
| Football-Club Grenoble | 1 | 1 |
| CS Vienne | 1 | 0 |
| La Voulte Sportif | 1 | 0 |
| US Montauban | 1 | 0 |
| US Carmaux | 1 | 0 |
| FC Lyon | 1 | 0 |
| US Dax | 0 | 5 |
| CA Brive | 0 | 4 |
| Stade Bagnérais | 0 | 2 |
| SCUF | 0 | 2 |
| US Carcassonne | 0 | 1 |
| FC Lézignan | 0 | 1 |
| US Cognac | 0 | 1 |
| SC Mazamet | 0 | 1 |
| Nice UR | 0 | 1 |
| CS Bourgoin-Jallieu | 0 | 1 |
| US Colomiers | 0 | 1 |
| Montpellier HR | 0 | 1 |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Aviva Premiership
- Pro12
- Heineken Cup
- European Challenge Cup
- Selección de rugby de Francia
- Torneo das Seis Nacións
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||