Currie Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Currie Cup é o campionato nacional de liga de rugby en Suráfrica. A competición está dividida en dúas categorías, a Premier Division cos 8 mellores equipos, e a First Division cos outros 6 equipos. A tempada regular do torneo comeza en Xullo e remata en Outubro despois de 14 xornadas, para deixar paso ás semifinais e á final polo campionato. O derradeiro da clasificación na Premier Division loita pola permanencia fronte ó primeiro clasificado da First Division ó remate da tempada.

A primeira edición disputouse no ano 1889, cando se fundou a Federación Sudafricana de Rugby. Non é un torneo entre clubes, senón entre equipos representativos de provincias. O formato da competición ten cambiado varias veces ó longo da súa historia, ainda que o actual ten proxección para ser estable durante moitos anos.

O campionato tivo tradicionalmente 2 equipos dominadores da competición. Durante décadas foi o equipo de Western Province o que gañou ducias de ligas, ainda que dende a década dos 70 os Blue Bulls tomaron o relevo dese dominio.

Como no caso da ITM Cup neozelandesa, o alto nivel dos xogadores que participan nesta liga fai que poida ser comparada coas ligas europeas mais potentes, a Premiership inglesa, o Top 14 francés e a Pro12.

No Hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que o campionato nacional de Suráfrica e o de Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do Super Rugby, que se xoga na primavera, de xeito que é normal que os mesmos xogadores que sobresaen na Currie Cup sexan chamados tamén para disputar o Super Rugby nalgún dos 5 equipos sudafricanos.

Equipos e situación xeográfica[editar | editar a fonte]


Premier Division:


SAunions.png


First Division:

  • Boland Cavaliers
  • Border Bulldogs
  • Eagles Rugby
  • Eastern Province Kings
  • Falcons Rugby
  • Griffons Rugby

Campións[editar | editar a fonte]




Por número de títulos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]