Selección de rugby de Tonga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tonga | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|||||||||||||||||||||||||||
| Unión | Tonga Rugby Football Union | ||||||||||||||||||||||||||
| Fundación: | 1879 | ||||||||||||||||||||||||||
| Emblema: | A pomba branca | ||||||||||||||||||||||||||
| Alcume: | Ikale Tahi | ||||||||||||||||||||||||||
| Estadio: | |||||||||||||||||||||||||||
| Adestrador: | |||||||||||||||||||||||||||
| Capitán: | Nili Latu | ||||||||||||||||||||||||||
| Estrea internacional Tonga 15 de agosto de 1924 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior vitoria Tonga 22 de marzo de 2003 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior derrota Nova Celandia 16 de xuño de 2000 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Copa do Mundo de Rugby | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 4 (primeira en 1987) | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | Primeira fase, 3º de grupo (1995 e 2007) | ||||||||||||||||||||||||||
A Selección de rugby de Tonga representa a Tonga nas competicións oficiais de rugby. O combinado adoita ser coñecido como Ikale Tahi (Aguias do mar). Coma os seus veciños da Polinesia, os tonganos realizan unha danza guerreira, o sipi tau, antes do comezo dos seus partidos.
Tonga forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance que agrupa ademais ás federacións de Samoa e Fixi.
A pesares de que a poboación de Tonga apenas supera os 100.000 habitantes e menos de 800 xogadores practican o rugby, o equipo de Tonga posúe un bo nivel. Algúns dos máis famosos xogadores de rugby proceden de Tonga, aínda que triunfaron coas seleccións doutros países: Jonah Lomu, Isitolo Maka ou Willy Ofahengaue, entre outros.
Tonga na Copa do Mundo de Rugby [editar]
- 1987 - Primeira fase
- 1991 - Non participou
- 1995 - Primeira fase
- 1999 - Primeira fase
- 2003 - Primeira fase
- 2007 - Primeira fase