Serra dos Ancares

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista do Val do río Ser no concello de Navia de Suarna

A Serra dos Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da Cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis occidental da provincia de León. Constitúe o límite entre Galicia e Castela e León. Ten os cumes do monte Cuíña (ao norte) a 1.978 m., o Mustallar a 1.924 m. e o Miravalles a 1.969 m. Esta serra presenta fracturas nas súas fallas, formando pequenos vales polos que discorren os afluentes do río Navia.

Predominan lousas, calcarias, filitas, areíscas e cuarcitas. O clima que presenta é o oceánico de montaña. Os mamíferos que podemos encontrar son o lobo, o corzo e o oso pardo. Entre as aves, destacan a aguia cobreira e a pita do monte, case extinta na parte galega da serra. En canto á vexetación xunta aos ríos atópanse salgueiros e abeneiros, tamén son frecuentes os castiñeiros, freixos e abeleiras, carballos e acivros por riba dos 1600 metros medra o mato, as uceiras nos solos máis pobres e os piornedos nas zonas máis ricas[1].

Recentemente, no 2006, foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.

Índice

[editar] Notas

  1. González Arias, Alejandro, Guía e rutas dos Ancares, Vigo: Editorial Galaxia, 1995, pp 13-14


[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • González Arias, Alejandro (1995), Guía e rutas dos Ancares, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-021-1.

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais