Tres Bispos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′23″N 6°50′29″O / 42.823055555556, -6.8413888888889

Tres Bispos

Vista do cume.
Localización xeográfica
CordilleiraSerra dos Ancares
Localización administrativa
LocalizaciónGaliza Galiza
Características xerais
Altitude1.795 m
Tres Bispos.

O Tres Bispos é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1795 metros. Atópase no concello de Cervantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición o nome vén de que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. No lugar hai unha columna (marco) de pedra.[1]

Ascensión[editar | editar a fonte]

Desde o lugar da Degrada (Cereixedo, Cervantes) chégase nun quilómetro ao refuxio de Ancares. Desde alí, a primeira parte transcorre por unha estrada asfaltada para a continuación gañar altitude pouco a pouco até a campa de Tres Bispos. Unha vez aí, un sendeiro chega ao cume.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Campa de Tres Bispos". galiciaencantada.com. Consultado o 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]