Cordal de Montouto
O Cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.
[editar] Características
A súa máxima altura é a Pena de Uce de 734 metros. Divide as concas do río Parga e o río Mandeo e ven sendo unha prolongación da Serra da Loba. Existen varias mámoas e nas súas inmediacións está a rústica ermida de San Vitorio e a pegada de Roldán. As fragas do Barranco da Loba e Rego da Palanca, no val do Cambás, son dunha notable extensión e atesouran unha variada riqueza botánica.
O río Cambás alimenta o río Mandeo, do que resulta un espazo de gran importancia medioambiental. Malia isto e a súa relativa proximidade ás Fragas do Eume carece dunha figura de protección.
O punto de maior altitude é o monte de Coriscada, con 523 metros sobre o nivel do mar.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1