Serra do Pousadoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°18′23″N 7°15′10″O / 43.30632453613, -7.2528444162298 A serra do Pousadoiro é unha das serras orientais de Galiza, entre os concellos de Riotorto e A Pontenova.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo Pousadoiro (de pousar, do latín Pausāre) fai referencia a un lugar de descanso, xeralmente unha zona chá despois dunha forte pendente.[1] Pode referirse a:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os ríos Ferreiravella e o Xudán, afluentes do río Eo, circulan polas súas vertentes. A serra está conformada por lousas, areíscas e cristas de cuarcitas.

A vexetación da zona está composta principalmente de eucaliptos e piñeiros, así como pequenas masas de carballo, sobre todo na parte oeste.

O punto de maior altitude é o Alto do Pousadoiro, con 666 metros sobre o nivel do mar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]