Serra do Careón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Serra de Careón»)
Serra do Careón.

A serra do Careón[1] é unha serra e que pertence á dorsal galega e que limita as Terra de Melide coa de Lugo e a de Ulloa. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos e nela nacen os río Furelos e río Seco, afluentes do río Ulla.[2][3]

Esta serra destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na Península Ibérica. Así mesmo, a súa meirande parte forma parte do espazo natural protexido homónimo declarado como zona especial de conservación, o ZEC Serra do Careón.[3]

Xeografía e xeoloxía[editar | editar a fonte]

Orografía[editar | editar a fonte]

Forma parte da dorsal galega. Conta cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de "ollo de sapo" e xistos. Así mesmo, esta serra destaca por ser a máis extensa floración de rochas ultrabásicas na Península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide. Catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en turismo.gal.
  2. "Serra do Careón, Concello de Toques". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2020. Consultado o 09/10/2020. 
  3. 3,0 3,1 "Sección Organización - CMAOT". Consultado o 09/10/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]