Serra de Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A serra de Barreiro é unhas das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está situada no limite do concello de Navia de Suarna co Principado de Asturias. Na súa vertente sur nacen algúns afluentes do río Rao.

O punta de maior altitude da serra é o Dangoleo, con 1.181 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1