O Mustallar
Coordenadas: 42°49′23″N 6°50′29″O / 42.82305556, -6.84138889
O Mustallar | |
---|---|
O Mustallar nevado | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Macizo Galaico |
Localización administrativa | |
Localización | Fronteira entre as provincias de Lugo e León |
Características xerais | |
Altitude | 1935 m |
O Mustallar[1] é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo. É o punto a máis altitude da provincia de Lugo.
Ascensión[editar | editar a fonte]
A subida ao pico pódese realizar de xeito relativamente sinxelo desde o porto dos Ancares (pasando previamente polos cumes dos picos Cuíña e Penalonga), desde a aldea de Burbia (A Veiga de Espiñareda, León) ou desde a aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo).
En tódolos casos, os camiños acaban uníndose no alto de Golada de Porto, desde o cal en poucos metros coróase o cume da montaña ascendendo polo seu noroeste, cunha considerable pendente pero sen demasiada dificultade para un adulto normal. No cume atopamos un pequeno cartel e unha caixa do correo na cal os viaxeiros deixan as súas notas.
Galería[editar | editar a fonte]
-
Os Ancares e o Mustallar.
-
Vista do val do río Burbia desde o pico Mustallar.
-
Cume.
-
Ruta de ascensión ao pico nun día nevado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.