Daniil Kvyat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniil Kvyat (20 anos)
Daniil Kvyat.JPG
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Rusia Rusia
Monopraza número 26
Escudería actual Toro Rosso
Escudería no 2015
Grandes Premios disputados 9
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2014
Posición no 2014 15º (6 ptos.)
editar

Daniil Vyacheslavovich Kvyat (ruso | Дании́л Вячесла́вович Квят |p=dɐnʲiˈil vʲɪtɕɪˈslavəvʲɪtɕ kvʲat, nado o 26 de abril de 1994 en Ufa, Bashkortostán, Rusia) é un piloto ruso de automobilismo. Foi finalista no Eurocup Formula Renault 2.0 de 2012 e o actual campión da GP3 Series. Fará o seu debut na Fórmula 1 en 2014, correndo para a Scuderia Toro Rosso.

Andaina[editar | editar a fonte]

Karting (2009)[editar | editar a fonte]

Kvyat foi corredor de karting en Rusia e Italia. En 2009, terminou terceiro na categoría KF3 do Campionato de Europa e subcampión da Serie Internacional WSK.

Fórmula BMW (2010)[editar | editar a fonte]

Kvyat durante a carreira 1 da tempada 2010 de Fórmula BMW Pacífico no Circuíto Internacional de Sepang.

Kvyat comezou a súa carreira como piloto de fórmula na tempada 2010 na Fórmula BMW Pacífico con EuroInternational no Circuíto Internacional de Sepang. Na súa primeira carreira comezou na sexta posición, pero terminou dezanove.[1] e terminou quinto na segunda carreira. Durante a tempada, uniuse á Red Bull Junior Team e fixo a súa estrea na tempada 2010 na Fórmula BMW Europa co mesmo equipo.[2]. Rematou en décima posición cun segundo lugar en Monza.

Toyota Racing Series (2011)[editar | editar a fonte]

Kvyat disputou en 2011 a Toyota Racing Series en xaneiro e febreiro de 2011 con Victory Motor Racing, terminando quinto no campionato cunha vitoria no Dan Higgins Trophy en Manfield e outros cinco podios.[3]

Fórmula Renault (2010-2012)[editar | editar a fonte]

Logo de dúas carreiras con Koiranen Bros. Motorsport na tempada 2010 da Eurocup Formula Renault 2.0, Kvyat disputou co seu compañeiro en Red Bull Junior Carlos Sainz Jr. á tempada 2011 da Fórmula Renault 2.0 Northern European Cup. Acabou en segunda posición detrás de Sainz Jr. no campionato, con 7 vitorias (incluíndo un hat-trick en Monza). Na Eurocup foi superado polo seu ex rival na Fórmula BMW Robin Frijns e Sainz Jr , anotando dúas vitorias en Spa e Nürburgring.

No ano seguinte Kvyat permaneceu na categoría Fórmula Renault, competindo tanto nas series Formula Renault 2.0 Alps e Eurocup Formula Renault 2.0. O seu debut na serie Alps estivo marcado pola dobre vitoria en Monza.[4] En maio regresou á Eurocup, e rexistrou un dobre triunfo na rolda de apertura da tempada en Alcañiz.[5] Finalmente logrou o título na Alp e acabou como subcampión na Eurocup, tras un final de tempada espectacular en Cataluña, cando logo de liderar a carreira baixo unha intensa choiva, perdeu todo o agarre dos seus pneumáticos durante as últimas voltas. Kvyat perdeu o título por 10 puntos, pero quedouse con Red Bull Junior Team para disputar á tempada 2013 da GP3 Series.

GP3 e a Fórmula 3 Europea (2013)[editar | editar a fonte]

Kvyat pasou 2013 competindo na GP3 Series con MW Arden e o Campionato de Europa de Fórmula 3 con Carlin Motorsport.

O seu progreso na GP3 foi rápido tamén. Kvyat comezou mal a tempada, pero recuperouse de inmediato, finalmente, gañou o campionato no seu ano de debut. A súa actuación nas dúas carreiras finais en Monza e Yas Marina foi notable: Kvyat anotou a pole, a vitoria, liderou todas as voltas e rexistrou a volta rápida, obtendo o máximo de puntos posibles en ambas carreiras .

Fórmula 1 (2014)[editar | editar a fonte]

En outubro de 2013, Kyvat foi presentado como o segundo piloto do equipo Toro Rosso para a tempada de Fórmula 1 de 2014, xunto co francés Jean-Eric Vergne.[6] Kvyat tomara o posto deixado vacante por Daniel Ricciardo, a raíz da promoción deste último para o equipo pai Red Bull Racing.[7] De acordo co director Toro Rosso Franz Tost, o equipo considerou tamén António Félix da Costa e Carlos Sainz Jr., para o asento, pero Kvyat impresionounos cun forte rendemento, foi máis consistente que Félix da Costa ata o 2013, e tivo mellores resultados en GP3 que Sainz.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Actualmente vive coa súa familia en Roma, Italia. Fala con fluidez catro idiomas: Inglés, Español, Italiano e Ruso.[9]

Rexistros na súa andaina[editar | editar a fonte]

Resumo das súas carreiras[editar | editar a fonte]

Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/rápida Podios Puntos Posición
2010 Formula BMW Europe EuroInternational 16 0 0 0 1 138 10º
Formula BMW Pacific 8 2 2 0 5 0 NC†
Formula Renault UK Winter Series Koiranen Bros. Motorsport 6 0 1 0 2 109
Eurocup Formula Renault 2.0 2 0 0 0 0 0 NC†
2011 Eurocup Formula Renault 2.0 Koiranen Motorsport 14 2 2 3 6 155
Formula Renault 2.0 NEC 20 7 2 5 13 431
Formula Renault UK Finals Series 6 0 0 1 2 111
Toyota Racing Series Victory Motor Racing 12 1 1 3 6 138
2012 Eurocup Formula Renault 2.0 Koiranen Motorsport 14 7 3 5 9 234
Formula Renault 2.0 Alps 14 7 4 4 8 217
2013 GP3 Series MW Arden 16 3 2 4 5 168
FIA European Formula 3 Championship Carlin 21 1 5 1 7 0 NC†

† – como Kvyat era un piloto invitado, non puntuaba.

Resultados completos na GP3 Series[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
2013 MW Arden ESP
FEA

20
ESP
SPR

Ret
VAL
FEA

4
VAL
SPR

5
GBR
FEA

4
GBR
SPR

4
GER
FEA

Ret
GER
SPR

16
HUN
FEA

3
HUN
SPR

7
BEL
FEA

1
BEL
SPR

6
ITA
FEA

1
ITA
SPR

2
ABU
FEA

1
ABU
SPR

5
168

Resultados completos no Campinato de Europa de Fórmula 3 da FIA[editar | editar a fonte]

(key)

Ano Equipo Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Pos. Puntos
2013 Carlin Volkswagen MNZ
1

MNZ
2

MNZ
3

SIL
1

SIL
2

SIL
3

HOC1
1

10
HOC1
2

12
HOC1
3

3
BRH
1

10
BRH
2

12
BRH
3

14
RBR
1

2
RBR
2

2
RBR
3

2
NOR
1

Ret
NOR
2

12
NOR
3

Ret
NÜR
1

9
NÜR
2

13
NÜR
3

16
ZAN
1

1
ZAN
2

3
ZAN
3

4
VAL
1

4
VAL
2

3
VAL
3

7
HOC2
1

HOC2
2

HOC2
3

NC 0

Notas:

  • ‡ − Como Kvyat era un piloto invitado, non puntuaba.

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos Ptos.
2014 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR9 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS
9
MAL
10
BAH
11
CHN
10
ESP
14
MON
Ret
CAN
Ret
AUT
Ret
RU
9
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
BRA
ABU
15º 6
2013 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR8 Ferrari 056 2.4L V8 AUS
MAL
CHN
BHR
ESP
MON
CAN GBR
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
COR
IND
ABU
USA
TD
BRA
TD
- -

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Formula BMW Pacific: Round 1 and 2, Sepang". afos.com. Motorsport Asia Ltd.. 2010-04-03. http://www.afos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=181:round-1-sepang-international-circuit-malaysia-2010&catid=84:results&Itemid=80. Consultado o 2010-04-03. [Ligazón morta]
  2. Benso, Michele (2009-09-01). "Europe – Exclusive: Kvyat, Sainz Jr. and Frijns arrows over the 2010 Red Bull Eurointernational". stopandgo.tv (Stop&Go!). http://www.stopandgo.tv/news/fbmw/europa-esclusivo-kvyat-sainz-jr-e-frijns-frecce-red-bull-2010-nell-arco-della-eurointernational-/en.html. Consultado o 2009-10-22.
  3. "Red Bull Junior Driver takes Dan Higgins Trophy". Toyota Racing Series (Toyota Racing Management). 12 February 2011. http://www.toyotaracing.co.nz/red-bull-junior-driver-takes-dan-higgins-trophy. Consultado o 8 May 2012.
  4. Borgo, Marco (25 March 2012). "Alps – Monza, Gara 2: Incontenibile Kvyat" (en Italian). stopandgo.tv (Stop&Go). http://www.stopandgo.tv/news/campionati/f-renault/it/alps-monza-gara-2-incontenibile-kvyat.html. Consultado o 29 March 2012.
  5. "Classy Kvyat at the double". World Series by Renault (Renault Sport). 6 May 2012. http://www.worldseriesbyrenault.fr/en/tv_news/news/Pages/ClassyKvyatatthedouble.aspx. Consultado o 6 May 2012.
  6. Noble, Jonathan; Kuntschik, Gerhard (21 October 2013). "Daniil Kvyat gets 2014 Toro Rosso Formula 1 seat". Autosport (Haymarket Media Group). http://www.autosport.com/news/report.php/id/110783. Consultado o 21 October 2013.
  7. "Daniil Kvyat Signs with Toro Rosso for 2014 Formula 1 Season". http://www.sportsmedia101.com/motorsports/2013/10/22/daniil-kvyat-signs-with-toro-rosso-for-2014-formula-1-season/.
  8. Mathias Brunner (23 October 2013). "Franz Tost: "Deshalb haben wir Daniil Kvyat gewählt"" (en German). Speedweek. http://www.speedweek.com/formel1/news/47016/Franz-Tost-Deshalb-haben-wir-Daniil-Kvyat-gewaehlt.html. Consultado o 25 October 2013.
  9. "Biography". daniilkvyat.com. http://www.daniilkvyat.com/engl/bio-en.html. Consultado o 19 November 2009.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniil Kvyat Modificar a ligazón no Wikidata