Richard Attwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Attwood

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Wolverhampton, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-British Racing Motors
-Reg Parnell Racing
-Team Lotus
-Cooper Car Company Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Richard James David "Dickie" Attwood[1], nado en Wolverhampton (Staffordshire) o 4 de abril de 1940, é un expiloto de automobilismo inglés.

Durante a súa carreira pilotou para os equipos BRM, Lotus e Cooper de Fórmula 1. Competiu en 17 Grandes Premios do Campionato do Mundo, conseguiu un podio e logrou un total de 11 puntos de campionato. Tamén foi un exitoso piloto de carreiras de coches deportivos e gañou a carreira das 24 Horas de Le Mans de 1970, pilotando un Porsche 917.

Inicios[editar | editar a fonte]

Richard Attwood entrou na industria automobilística como aprendiz na fabrica de automóbiles Jaguar. Comezou a competir en 1960 ao volante dun Triumph TR3. En 1961 ingresou na Midlands Racing Partnership para pilotar para eles en eventos de Fórmula Júnior e continuou nese cargo ata finais de 1962. En 1963 o equipo expandiuse ao ámbito internacional e Attwood apareceu de inmediato nos titulares das noticias do motor cando gañou a carreira de soporte do Gran Premio de Mónaco da Fórmula Júnior, nun Lola Mk5a. Esta e outras actuacións durante o ano valéronlle o primeiro premio do Grovewood Award.

En 1964 MRP decidiu pasar a clase de Fórmula 2. Attwood gañou en Viena e obtivo o segundo lugar no Pau Grand Prix, Eifelrennen e no Gran Premio de Albi. Isto foi nun momento no que os pilotos de Grand Prix de primeira liña formaban parte integrante da serie Fórmula 2; de feito, en Pau, só foi derrotado polo Campión do Mundo de Fórmula 1 reinante Jim Clark pilotando un Lotus.

Fórmula Un e outra serie de monoprazas[editar | editar a fonte]

As actuacións de Attwood na Fórmula 2 levaron a Alfred Owen, o propietario de BRM, a ofrecerlle unha oportunidade no seu equipo de Fórmula Un. A súa primeira participación co equipo foi na carreira fora docampionato do 1964 News of the World Trophy, en Goodwood, no que levou o BRM P57 ao cuarto lugar, o primeiro non-Lotus e o único coche en rematar na mesma volta que os vencedores da frota de Colin Chapman. A segunda saída na Fórmula 1 de Attwood foi no Gran Premio do Reino Unido de 1964, pilotando o modelo experimental de tracción ás catro rodas P67 de BRM. Despois de ser o piloto de proba do proxecto, Attwood logrou cualificar o coche con sobrepeso, aínda que no último lugar da grella. Con todo, dado que o coche estaba pensado principalmente como banco de probas rodante, BRM decidiu retirar o P67 antes da carreira.

Attwood pilotando para Reg Parnell Racing no Gran Premio de Alemaña de 1965.

Tim Parnell contratou a Attwood para o seu equipo privado Reg Parnell Racing para 1965, pilotando un vello Lotus 25. Desafortunadamente para Attwood, en 1965 o chasis non era o mellor, e equipado co motor BRM era claramente pouco competitivo. Aínda que xeralmente fiable, Attwood só conseguiu un par de puntos con dous sextos lugares ao final da tempada.

Attwood pilotando un coche BRM P261 de Fórmula Un, idéntico (ademais da capacidade do motor) ao que pilotou na Tasman Series en 1966 e 1967.

En 1966 Attwood competiu en Australia e Nova Zelandia como parte do escuadrón de Tasman Series de BRM. As súas actuacións na Tasman foron moi prometedoras, incluíndo unha vitoria en Levin, pero a pesar diso, quizais debido ás súas malas actuacións en 1965 na Fórmula Un e crecente éxito nos coches deportivos, Attwood perdeuse a maioría das carreiras de 1966 e 1967 de Fórmula Un. A súa única aparición produciuse como substituto do piloto oficial Pedro Rodríguez no Gran Premio do Canadá de 1967, levando o Cooper Maserati á meta en décimo lugar. Durante 1966 mantivo a súa participación na Fórmula 2, obtendo a vitoria no Gran Premio de Roma e un segundo lugar no Pau Grand Prix en 1966, pero concentrouse firmemente nos coches deportivos en 1967.

Tras a morte de Mike Spence durante a práctica da carreira das 500 Millas de Indianápolis de 1968, Attwood volveu a formar parte do equipo oficial de BRM, agora dirixido por Parnell, como suplente. A primeira carreira de Attwood ao seu regreso foi quizais a súa máis espectacular, logrando a volta rápida no Gran Premio de Mónaco de 1968, no seu camiño cara a un gran segundo posto finalizando detrás do Lotus oficial de Graham Hill. Con todo, os resultados diminuíron ao longo do resto da tempada, e a catro carreiras do final foi substituído por Bobby Unser.

Sempre especialista en Mónaco, foi no principado que Richard Attwood fixo a súa última saída na Fórmula Un. Colin Chapman levou ao británico como suplente do lesionado Jochen Rindt, pilotando o Lotus 49 B. Terminou nun respectable cuarto lugar. Aínda que foi a súa último carreira de Fórmula Un, apareceu no Gran Premio de Alemaña de 1969 nun Fórmula 2 de Frank Williams Racing Cars, onde terminou sexto na xeral, e segundo na clase de Fórmula 2.

Carreiras de automóbiles deportivos[editar | editar a fonte]

En 1964, mentres Attwood estaba dando os seus primeiros pasos na Fórmula Un, tamén foi chamado polo equipo de proxectos do Ford GT, máis tarde evolucionou cara ao Ford GT40 e converteuse nun dos primeiros pilotos en pilotar o icónico coche nunha carreira. Compartiu un GT40 con Jo Schlesser nas 24 Horas de Le Mans de 1964, pero retirouse debido ao incendio do automóbil. A súa primeira gran vitoria internacional en automóbiles deportivos chegou na carreira da 9 Horas de Rand n Suráfrica, pilotando un Ferrari P2 de David Piper.

Richard Attwood pilotando a versión aberta, Roadster do Ford GT, en Nürburgring en 1965.

Foi con David Piper que Attwood desenvolveu quizais a súa relación profesional máis duradeira. Pilotou os Ferraris verdes de Piper, incluíndo o 250LM e 330P3/4, en moitas ocasións nos cinco anos seguintes, acadando algúns puntos nos eventos de World Sportscar Championship emparellado con Piper no equipo de Maranello Concessionaires. Destacados durante este tempo incluíron un terceiro lugar nos 1000 km de Spa e o segundo nos 500km de Zeltweg en 1967. Aínda que Attwood non se limitou a si mesmo pilotando con Ferrari e Ford, correu en máquinas tan diversas como o Porsche 906 e Alfa Romeo T33. Tamén foi un dos poucos pilotos en competir co infame Ford P68, GT sucesor do GT40, que non puido terminar debido á mala mecánica durante os 1000 km de Nürburgring de 1968. Tras pilotar un Porsche privado, durante a tempada do World Sportscar Championship de 1969 Attwood foi contratado polo equipo oficial de Porsche. Combinado habitualmente co seu compañeiro británico, Vic Elford, os momentos destacados da tempada foron un par de segundos lugares, pilotando o Porsche 908, no BOAC 500 (a carreira de casa dos pilotos en Brands Hatch) e a carreira das 6 Horas de Watkins Glen. Máis tarde na tempada, Attwood volveu involucrarse no desenvolvemento dun icónico automóbil deportivo: o Porsche 917. O emparellamento de Elford/Attwood levou o seu 917LH ata 327 voltas nas 24 Horas de Le Mans de 1969, pero o coche sufriu un fallo na caixa de cambios a só dúas horas para o final, logo de liderar unha boa parte da carreira.

Chasis 001 no Museo Porsche pintado como o 023 Porsche 917K levado a vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1970 por Attwood e Hans Herrmann.

Posteriormente Attwood gañou as 24 Horas de le Mans en 1970 cun Porsche 917K, xunto con Hans Herrmann. Hermann e Attwood tamén se fixeron co segundo lugar na carreira de Nürburgring de 1970, esta vez nun 908. Pilotando unha vez máis con Herbie Müller nun Porsche 917, terminou segundo nas 24 Horas de Le Mans de 1971, esta vez para o equipo privado de John Wyer. Ao finalizar a tempada, ademais de gañar a carreira dos 1000 km. de Zeltweg xunto co seu compañeiro de equipo Pedro Rodríguez, Attwood retirouse do automobilismo. Attwood saíu brevemente do seu retiro en 1984, como parte do moribundo proxecto Aston Martin Nimrod Le Mans. Despois de que o seu coche non terminase a carreira das 24 Horas de Le Mans de 1984, Attwood retirouse das carreiras de primeira categoría para sempre. Co crecemento da popularidade do automobilismo histórico, aparecía frecuentemente nos eventos e nas mostras de Porsche co seu propio Porsche 917, que Steve McQueen utilizou na súa película Le Mans. O coche pintouse para representar ao gañador de Le Mans de 1970, e Attwood refírome a el como "miña pensión".[2] xa que o valor do coche aumentara rapidamente ao longo das décadas desde que o comprou nos anos setenta. No ano 2000, Atwood cobrou a súa pensión, cando vendeu o coche nunha poxa por 1 millón de libras.[Cómpre referencia] Hoxe aínda é moi activo no automobilismo histórico, moitas veces facendo aparicións memorables no Goodwood Festival of Speed, entre moitas exhibicións anuais.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Richard Attwood comprou un Peugeot 405 estate de 1989 co que percorreu con éxito 667.900 kms, co motor e embrague orixinal. Esta sorprendente fazaña foi obxecto dun artigo na revista Evo número 172.[3] O 13 de xuño de 2017 foi posto á venda polo seguinte 'propietario' (que nunca fixo a transferencia polo que Richard aínda é tecnicamente o seu único propietario) pero ata o 18 de xuño o anuncio, con case 2000 vistas, non tivo ofertas.[4][5]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1964 Owen Racing Organisation BRM P67 BRM V8 MON NED BEL FRA GBR
NTS
ALE AUT ITA USA MEX NC 0
1965 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 RSA MON
Ret
BEL
14
FRA GBR
13
NED
12
ALE
Ret
ITA
6
USA
10
MEX
6
16º 2
1967 Cooper Car Company Cooper T81B Maserati V12 RSA MON NED BEL FRA GBR ALE CAN
10
ITA USA MEX NC 0
1968 Owen Racing Organisation BRM P126 BRM V12 RSA ESP MON
2
BEL
Ret
NED
7
FRA
7
GBR
Ret
ALE
14
ITA CAN USA MEX 13º 6
1969 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49B Cosworth V8 RSA ESP MON
4
NED FRA GBR 13º 3
Frank Williams Racing Cars Brabham BT30 (F2) Cosworth 4 en liña ALE
6*
ITA CAN USA MEX

* Participou cun Fórmula 2, segundo na súa clase, non válido para puntuar no campionato do mundo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FIA Year Book of Automobile Sport 1971. Patrick Stephens Ltd. white p. 33. ISBN 0-85059-062-0. 
  2. Richard Attwood, Nigel Roebuck, Rob Widdows, Ed Foster, Damien Smith (17 de xaneiro de 2013). Motor Sport Magazine Podcast [January's podcast with Richard Attwood] (mp3) (Podcast). Motor Sport Magazine. 6 No minuto. 
  3. "August 2012 issue of evo Magazine". Evo (en inglés). Consultado o 2017-06-18. 
  4. "1 owner Ex-Richard Attwood For Sale (1989) on Car And Classic UK [C881050]". www.carandclassic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 2017-06-18. 
  5. "Ten things we learned this week: 16 de xuño de 2017 edition". Top Gear (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2017-06-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]