Sind

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sind
Sindh
سنڌ
Flag of Sindh.svg
País Paquistán
Capital Karachi
Superficie 140.914 km² [1]
Poboación 35.370.365 (2008) [1]
Densidade 251 hab./km² [1]
Xentilicio sindi, sindhi
Tipo de Subdivisión Provincia
Páxina Web http://www.sindh.gov.pk
Sindh in Pakistan (claims hatched).svg
Situación de Sind en Paquistán

Sind é unha das rexións históricas de Paquistán e unha das provincias que contan con Asemblea lexislativa na división político-administrativa do país.

Limita ao oeste e ao norte coa província de Baluchistán, ao norte co Punjab (Insia), ao leste cos estados indios de Gujarat e Rajastán e ao sur co mar de Arabia.

Karachi é a capital desde 1936 en lugar das tradicionais capitais de Hyderabad e Thatta.

Ten unha superfície de 140.914 km² e unha poboación de 35.470.648 habitantes (censo de 2008).[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Sind é a terceira provincia paquistaní polo seu tamaño, cunha superficie de 140.915 km2, e a segunda máis poboada, cuns 55 millóns de habitantes en 2011, o que representa aproximadamente un terzo da poboación do país, dos cales a metade viven en cidades.

A súa capital é Karachi, a maior cidade do país con case 13 millóns de habitantes en 2009,[3] e antiga capital nacional. Só outra cidade supera o millón de habitantes, Hiderabad, e outras cinco 200.000: Sukkur, Larkana, Nawabshah, Mirpur Khas e Jacobabad.[3]

A provincia desempeña un importante papel económico e ten una influencia significativa na cultura e historia do Paquistán.

O val do río Indo no seu curso baixo, drena o Sind, bordeado ao leste, na India, polo deserto de Thar.

O principais cultivos son arroz (o máis impoprtante), algodón, trigo e cana de azucre. Tambén se cultivan plátanos e mangas.

Na provincia fálanse os idiomas sindhi, seraikí, urdo, gujaratí, balochí, hazaragí,[4] marwarí, dhatkí, parkri koli e algunhas outras.

As principais relixións pracucadas no Sind son o islam, o hinduísmo, o cristianismo e o parsismo.

Historia[editar | editar a fonte]

Idade Antiga[editar | editar a fonte]

O Sind é a terra dos Mohenjo-Daro, un dos máis importantes grupos da civilización do val do Indo. Era unha marca occidental do imperio Maurya e, maís tarde, pasou a formar parte do imperio Gupta.

Despois foi gobernada pola dinastía Rai, primero budista, despois hinduísta e, dos que se coñecen varios raxás. O último, Dahar -ou Dahir- foi asasinado por Muhammad ibn Qasim.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Despois da conquista da rexión por Muhammad ibn Qasim en 711-712, o islam converteuse na relixión dos dirixentes.

A dinastía árabe dos hibáridas dominou a rexión desde mediados do século IX, recoñecendo a autoridade nominal do califa abásida de Bagdad.

Á fin do século IX, os qarmates de Bahrein enviaron misioneiros ismaelitas. Os ismaelitas tomaron Multan por sorpresa en 977, e despois a totalidade do Sind en 985, e formaron un estado independente cuxos gobernantes recoñecían a soberanía do califa fatimí do Cairo. Un comercio próspero se desenvolve entón pola rota do mar Vermello.

En 1010 Mahmud de Ghazni toma Lahore, o que lle asegura o dominio da conca do Indo. Captura ao gobernador ismailí de Multan. Un isamilí chamado Khalif funfa entón a disnastía dos sumras, que dirixe o país até 1352. Cando Muhammad Guri toma Multan en 1179, os sumras se ven obligados a repregarse a Thatta, que se converte na súa capital.

A rexión pertencería aos sultáns de Delhi a partir de 1214 e, despois dun período de independencia, sería conquistado par Akbar en 1591.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

O Sind estivo dirixido a continuación pola dinastía kalhora (1701-1783) que restauraría a independemcia do imperio Mogol, á que sucedería a dinastía Talpur (1783-1843).

O persa Nadir Shah incorporou o Sind ao seu imperio despois da toma de Delhi en 1739, de despis pasou en 1747 ás mans de Ahmad Shah, fundador da dinastía durrani.

Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]

En 1803 o Sind foi atacado por primeira vez fois polos británicos, pero daquela resistiu.

Pero en 1842-1843, as forzas británicas conducidas polo xeneral Sir Charles Napier foron capturadas. O primeiro Aga Khan axudou aos británicos na conquusta do Sind, pòlo que foi recompensado cunha pensión.

A provincia se integrou en Paquistán en 1947.

Historia no Paquistán independente[editar | editar a fonte]

Tras a independencia e a partición do vicerreino británico da India, entre agosto e setembro de 1947, os hindús, sikhs e musulmáns loitaron entre eles nunha cruenta guerra que deixou máis de 200.000 mortos. Durante este tempo tamén ocorreu a emigración máis grande da historia cando doce millóns de indios e paquistanís se desprazaron á India ou ao Paquistán.

Co establecimiento de musulmáns da India (os mohajir ou refuxiados) e a emigración de pastúns e habitantes de Baluchistán os sindi quedaron en minoría na súa provincia.

En 1990 comezaron os incidentes entre membros do Partido Popular de Paquistán (Pakistan Peoples Party, PPP) e o MQM (partido que representaba aos mohajir), levando finalmente á dimisión do ministro de Sind, Quaim A. Shah, que foi sucedido por Aftab S. Mirani (ambos eran do PPP).

Por outro lado, o Jaye Sindh, partido nacionalista, reclamaba a autonomía e sostiña frecuentes choques con membros do MQM. O líder sindi Qadir Magsi foi detido e a situación deteriorouse ante as protestas dos seus seguidores. A finais do ano o goberno central de Paquistán, en mans do PPP, foi deposto, e as asembleas provinciais suspendidas. Nas seguintes eleccións triunfou Nawaz Sharif da Alianza Democrática Islámica (Islamic Democratic Alliance, IDA).

En marzo de 1991 formouse o Jaye Sindh Progressive Party, dirixido por K. Makhti. E en outubro dese ano Tariq Javed, do MQM, foi designado primeiro ministro provincial provisional, desatando as iras do Jaye Sindh (dividido nas faccións Magsi e Jaye Sindh Tehrik).

Bandeira do Jaye Sindh e do proxectado estado de Sindhu Desh, con representación na UNPO.
Escudo de la Provincia de Sindh.

En 1992 o líder sindi G. M. Syed foi encarcerado. Syed era partidario da creación dun estado independente chamado Sindhu Desh (que xa propuxera antes da partición e independencia en 1947, nos anos 1930) e dirixía o Jaye Sindh Movement e a Sindh National Alliance.

En 1993 Benazir Bhutto volveu ao poder en Paquistán e o PPP formou goberno en Sind.

En 1994 o MQM propuxo a división de Sind en dúas provincias: unha de sindis e outra de mohajires.

G. M. Syed, o líder sindi que propuxera un estado libre sindi desde os anos 1930, morreu en 1995 no hospital tras tres anos baixo arresto. Qadir Magdi pasou a dirixir o Jaye Sindh.

Nas eleccións de 1997 o PPP non obtuvo a maioría en Sind.

En 1998 os sindis entraron no Pakistan Oppressed Nations Movement (PONM). Pouco despois a inestábel asemblea provincial quedou disolta e posta baixo control federal.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Bandeira[editar | editar a fonte]

Como provincia paquistaní o Sind no ten bandeira ofoicial. E como nación non existe unha bandeira consensuada. A proposta máis seguida é a do Jaye Sindh, cuxa bandeira debería ser a do Estado independente de Sindhu Desh. Este ten representación na Organización das Nacións e Pobos Non Representados (Unrepresented Nations and Peoples Organization, UNPO).

Escudo[editar | editar a fonte]

Dentro dunha figura contén cinco follas e unha figura de Mohenjo-Daro flanqueada por ramas de loureiro. Sobre o todo, unha estrela co nome "Sind". A figura descansa, sen tocala, nunha media lúa que simboliza a relixión musulmá.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]