Islamabad
Coordenadas: 33°43′N 73°4′E / 33.717°N 73.067°E
}
| Islamabad | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Punjab |
| Distrito: | Territorio da Capital Islamabad |
| Xeografía | |
| Altitude: | 457-1.604 msnm |
| Superficie: | 120 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.740.000 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 1.271 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | www.islamabad.gov.pk |
A cidade de 'Islamabad (en urdú اسلام آباد que significa: "Habitada polo Islam") é a capital de Paquistán. Está situada ao nordés do país, no Territorio da Capital Islamabad. Historicamente forma parte da rexión do Punjab. Ten unha poboación aproximada de 900.000 habitantes (estimación de 2004).
Índice |
Historia[editar]
En 1959 o lugar no que se localiza actualmente a cidade foi escolido para construír a capital que substituiría a Karachi como capital do novo estado. Un grupo de urbanistas, baixo a dirección do grego Constantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe, e no ano 1961 comezaron as obras.
No ano 1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En 1970 remataron os traballos de construción.
En outubro de ano 2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.
Xeografía e clima[editar]
Islamabad está situada no altiplano de Pothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dos Altos de Margalla, a uns 15 km da cidade de Rawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da de Gakhar.
O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.
Demografía[editar]
- Censo de 1981 - 204.364 habitantes .
- Censo de 1998 - 529.180 habitantes (último censo oficial)
- Cálculos para 2006 - 794.531 habitantes.
Turismo[editar]
- Área Azul, o centro financeiro de Islamabad.
- Avenida da Constitución.
- Monumento Nacional, preto de Shakarparian.
- Mezquita de Faisal, un dos monumentos emblemáticos de Islamabad's most; unha grande mesquita, agasallo do rei Faisal da Arabia Saudita.
- Altos de Margalla, outeiros que arrodean a cidade con fermosas vistas.
- Museo Lok Virsa.
- Museo de Historia Natural do Paquistán.
- Museo de Islamabad.
- Galería Nacional de Arte.