Río Cabul
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cabul (ou Kabul) | |
|
O río Cabul, entre outros, no río Indo |
|
| País | Afganistán e Paquistán |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Montañas do Afganistán |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 700 km |
| Caudal medio | 650 m³/s |
| Conca | 66000 km² |
| Desembocadura | Río Indo |
O Cabul, Kabul ou Kabal, é un río que nace nas montañas Sanglakh, en Afganistán.
É o principal río do leste de Afganistán, fluíndo por máis de 700 km antes de desaugar no río Indo preto de Attock, en Paquistán. Pasa polas cidades de Cabul, Chaharbagh, Jalalabad, e, entra no Paquistán aproximadamente 30 km ao norte do Paso de Khyber, Nowshera.
Os afluentes principais do Cabul son o río Logar, río Panjshir, río Kunar e río Alingar.