Economía de Paquistán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Paquistán | |
|---|---|
| Moeda | Rupia paquistaní |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCE, ASEAN, SAARC, OMPI |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 451,2 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 28ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 2,7% (2010) |
| PIB per cápita | $ 2400 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 21,8%, industria 23,6%, comercio e servizos 54,6% (2010) |
| Inflación | 13,4% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 24% (2006) |
| Total da forza de traballo | 55,77 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 43%, industria 20,3%, comercio e servizos 36,6% (2006) |
| Desemprego | 15% (2010) |
| Industrias | téxtil e roupas, procesamento de alimentos, fármacos, materiais de construción, produtos de papel, fertilizantes, camarón |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 20,29 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | textis, arroz, produtos de couro, artigos desportivos, produtos químicos, manufacturados, alfombras |
| Principais mercados | Estados Unidos 15,87%, Emiratos Árabes Unidos 12,35%, Afganistán 8,48%, Reino Unido 4,7%, República Popular de China 4,44% (2009) |
| Importacións | 32,71 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | petróleo, derivados de petróleo, máquinas, plásticos, equipamentos de transporte, aceites comestibles, papel e papelón, ferro e aceiro, té |
| Principais mercados | República Popular de China 15,35%, Arabia Saudita 10,54%, Emiratos Árabes Unidos 9,8%, Estados Unidos 4,81%, Kuwait 4,73%, Malaisia 4,43%, India 4,02% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 57,21 mil millóns (2010) |
| Receitas | 25,33 mil millóns (2010) |
| Despesas | 36,24 mil millóns (2010) |
O Paquistán é un país pobre e subdesenvolvido que sofreu co décadas de disputas políticas internas, baixos niveis de investimento estranxeiro, e caída nos prezos das manufacturas. Confrontado con grandes déficits fiscais, alta inflación e perda de reservas internacionais, o goberno concordou cun programa de axuda do Fondo Monetario Internacional o novembro de 2008[1].
Entre o 2004 e o 2007 a economía creceu entre 6% e 8% ao ano, grazas ós gaños dos sectores industrial e de servizos, a pesar da escaseza de electricidade[1]. A pobreza caeu 10% dende o 2001, e o goberno ten aumentado os gastos co desenvolvemento nos últimos anos[1].