Nórico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
REmpire Norica.png

Nórico (en latín NORICVM) era un territorio da tribo celta dos nóricos na actual Austria e o sur de Alemaña. Foi conquistado por unha minoría céltica antes da chegada dos romanos, ao que chamaron en latín REGNVM NORICVM, e máis tarde convertido en provincia romana, dividida en Noricum Ripense ao norte e Noricum Mediterranum ao sur e considerada dentro do territorio diocesal do Illyricum Pannoniæ xunto con Panonia e Dalmatia.

A súa extensión inclúe os hoxe día estados austríacos de Carintia, Salzburgo, Alta Austria, Baixa Austria, Estiria e tamén Baviera ao sueste (Alemaña).

As provincias romanas veciñas eran Recia no oeste, Panonia no leste e Dalmacia no sueste. Polo sur lindaba coa mesma Italia, e polo norte o río Danubio era a fronteira do Imperio Romano coas tribos xermánicas.

O emperador Augusto decidiu que esta zona podía continuar libre como un estado monicreque do Imperio, pero na época dos emperadores da dinastía Xulio-Claudia determinouse que o Nórico debía incorporarse ao Imperio para mellorar as defensas fronte aos xermanos. Así, Noricum transformouse en provincia procuratoria, dirixida por un procurador ecuestre, e sen máis tropas de guarnición que unidades auxiliares.

Baixo Marco Aurelio, a presión dos cuados e marcomanos fixo que durante as Guerras Marcomanas, a provincia fose ascendida de status, recibindo un gobernador senatorial e unha lexión como guarnición permanente, a legio II Italica, con base na capital da provincia Lauriacum (Lorch, barrio actual de Enns, Austria).

Nos séculos III e IV sufriu continuos ataques xermanos, particularmente dos alamáns.

A provincia foi unha das últimas dependencias do Imperio no século V, aínda controlada desde Italia no momento da caída de Rómulo Augústulo en 476. Nestes anos, a provincia romana foi evanxelizada por San Severino, quen a raíz da morte de Atila deixou o seu retiro eremítico para estar xunto aos que quedaran abatidos polos ataques dos bárbaros hunos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]