Río Mosela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Río Mosela | |
|---|---|
{{{lenda}}} |
|
| Nacemento: | {{{nace}}} |
| Altitude da fonte: | 715 msmn |
| Lonxitude: | 545 km |
| Caudal medio: | 150 m3/s |
| Conca: | {{{conca}}} |
| País: | Francia, Luxemburgo, Alemaña |
| Desemboca: | Río Rhin |
O Mosela (en francés Moselle, en alemán Mosel, en luxemburgués Musel) é un río afluente do Rhin pola marxe esquerda, que atravesa Francia, Luxemburgo e máis a Alemaña ao longo dun curso de 545 km. A súa conca abranxe unha área de 28.286 km2.
Índice |
[editar] Percorrido
O Mosela nace no macizo montañoso dos Vosgos, fluíndo através da Francia nororiental cruzando Épinal, Charmes, tocando case Nancy, Metz, Guénange e Thionville. Logo durante un longo treito serve de límite entre Alemaña e Luxemburgo, para pasar a continuación a ser un río exclusivamente alemán desde as proximidades de Tréveris. Únese finalmente ao río Rhin en Coblenza (Koblenz).
[editar] Afluentes
O seus principais tributarios son:
[editar]
O Mosela está en boa parte do seu curso canalizado, sendo navegábel até a zona de Nancy, xogando un importante papel como importante vía de trasporte para as industrias extractivas da rexión.
[editar] Outros datos
O val do Mosela é famoso polos seus viños, nomeadamente brancos, conformando a rexión Mosel-Saar-Ruwer.