Claudio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina está referida ao emperador Claudio I; para ver otras persoalidades co nome "Claudio" ver Claudio (homónimos).
Busto de Claudio como Xúpiter en mármore, arredor do ano 50.

Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico (en latín Tiberius Claudius Nero Drusus Germanicus), nado en Lugdunum (actual Lión, en Francia) o 1 de agosto do ano 10 e finado o 13 de outubro do 54, foi un emperador e historiador romano.

Membro dunha poderosa gens romana (era neto de Marco Antonio e tío avó de Calígula) nunca foi preparado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cre que era debida a polio). Tralo asasinato de Calígula a mans da Garda Pretoriana, foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o Senado que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a Britania (actual Inglaterra) e Mauritania. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual Colonia, Alemaña). Construíu o acueduto Claudiano e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Ao parecer a súa morte débese a que foi envelenado pola súa muller, Agripina a menor.

Ás de Claudio.
Imperio Romano

Segue a:
Calígula
Claudio
(41-54)

Precede a:
Nerón
Dinastía Xulio-Claudia