Asia (provincia romana)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Asia (homónimos).
A provincia romana de Asia comprendía Caria, a Lidia, Misia, Frixia e a Tróade. As cidades eran numerosas : Pérgamo, Esmirna, Éfeso, Mileto… Aínda que o reino de Pérgamo fora deixado en legado por Atalo III no 133 a.C., non foi reorganizada por Manio Aquilio ata a guerra causada pola revolta de Aristónico.
So o Imperio, convertida en provincia senatorial, coñecería un período próspero.
Baixo o goberno de Diocleciano foi dividida en sete provincias : Asia, Illas, Helesponto , Lidia , Caria , Frixia Iª e IIª todas so a autoridade un único procónsul.
Sob Constantino e os seus sucesores, forma tres dioceses :
- diocese de Asia, subdividida en Helesponto (Misia), Lidia, Caria, as Frixias Iª e II, Licaonia, Pisidia, Panfilia.
- diocese do Ponto, dividida en Bitinia, Honoria, Paflagonia, Pontos Iº e IIº, Capadocias Iª e IIº, Armenias Iª e IIª, e Galatias Iª e IIª.
- diocese de Oriente, subdividida en Cilicias Iª e IIª, Osroena, Sirias Iª, IIª e IIIª, Fenicias Iª e IIª, Palestinas Iª, IIª e IIIª, Arabias Iª e IIª.