Gato montés

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gato montés (homónimos).
Gato montés
Wildkatze 002.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborden: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: 'Felis'
Especie: ''F. silvestris''
Nome binomial
Felis silvestris
Schreber, 1775
Distribución Felis silvestris

Distribución Felis silvestris

O gato montés ou gato bravo (Felis silvestris) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico.

A especie Felis Silvestris é a especia que habita en Europa, Felis silvestris libyca e a especie propia de África.

Índice

[editar] Descrición

Como xa se mencionou, o gato montés é moi parecido ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato motés é meirande que o gato común, máis robusto, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis ancha, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou verdosos. A pelaxe grisácea, algo parda, con raias oscuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.

A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.

O gato montés ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.

[editar] Alimentación

Cría de Gato montés

O gato montés é un animal nocturno é solitario. Habita nos bosques e montes.

É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.

[editar] Reprodución

O gato montés aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.

A xestación dura entre 63 e 69 días, é en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.

[editar] Ameazas

O gato montés está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais