Camaleño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camaleño
[[Ficheiro:Camaleno Spain.svg|130px]] [[Ficheiro:Escudo de Camaleño.gif|90px]]
Situación xeográfica
Camaleño (Cantabria) Mapa.svg
País España España
Com. Autónoma Cantabria
Comarca Liébana
Xeografía
Altitude 200 msnm
Superficie 161,1 km²
Poboación
Poboación 1.048 hab. (2011)
Densidade 6,51 hab./km²
Información
Código postal
Alcalde Juan Manuel Guerra García (PRC) (2007)
Páxina web www.aytocamaleno.org
Os Picos de Europa desde Camaleño.
Vista dos Picos de Europa.

Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.

As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.

Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do oruxo lebaniego recóllese o do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.

Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.

O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.

Localidades[editar | editar a fonte]

Núcleo de poboación[editar | editar a fonte]

Camaleño é tamén o nome da localidade capital do concello. Atópase no río Deva, a unha altitude de 380 msnm. Dista 125 quilómetros de Santander, a capital da comunidade. Celebra a festividade da Virxe do Pilar (o 12 de outubro), cunha feira de gando. Da súa arquitectura destaca a casa dos Gómez de Enterría, onde pode verse un hórreo ben conservado e unha ermida moi rústica.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Tres son os bens de interese cultural deste municipio:

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
2.686 2.492 2.591 2.587 2.701 2.526 2.236 1.807 1.402 1.327 1.101 1.100

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Juan Manuel Guerra García (PRC), é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 362 42 % 4
PRC 352 40,84 % 4
PSOE 123 14,27 % 1
  • Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 340 40,52 % 4
PRC 335 39,93 % 4
PSOE 154 18,36 % 1
  • Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camaleño