Río Cares
O río Cares é un curso fluvial do norte da Península Ibérica, que corre por León e Asturias; é afluente do Deva no que verte as súas augas despois de 54 km de percorrido.
Índice |
Curso[editar]
O Cares nace da unión de varios regatos en Posada de Valdeón, León, na Cordilleira Cantábrica, a 1.600 m de altitude. O sentido da súa corrente é sur-norte inicialmente, formando unha espectacular garganta entre o teritorio leonés e o asturiano, pola que pasa a ruta do Cares. O Cares separa un macizo dos Picos de Europa, o Cornión de los Urrieles e, máis a leste, o seu afluente o Duje separa éstes do Macizo de Ándara. Logo de cortar os Picos de Europa, vaise incurvando cara oeste, obrigado polo Cordal de Cuera, paralelo á liña da costa cantábrica, até encontrarse con o Deva en Vega de Llés, á altura da localidade asturiana de Panes (Penamellera Alta). Dos 54 km do río, 19 transcorren en territorio leonés e o resto, 35, por terras asturianas.
Afluentes[editar]
Os tributarios principais do Cares son os ríos Bulnes, Duje e Casaño.
Poboacións que atravesa[editar]
Posada de Valdeón e Caín en León; Poncebos e Arenas de Cabrales e Asturias.
Explotación antrópica[editar]
Ten dous encoros , a central eléctrica de Camarmeña a outro en Poncebos. É ademais un importante río salmoneiro.