Cangas de Onís
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parroquia de Cangas de Onís.
Cangas de Onís é un concello da comunidade autónoma de Asturias. Ten unha área de 212,96 km² e unha poboación de 6.616 habitantes (2007), sendo a súa densidade de poboación de 30,49 hab/km².
[editar] Economía
A súa actividade económica centrase na agricultura e a gandería, sendo tamén importante o turismo rural debido á beleza das súas paisaxes. As visitas ao Santuario de Covadonga e os lagos, son un dos emprazamentos turísticos máis visitados dentro de todo o Principado de Asturias, sendo un dos concellos que maior número de visitantes recibe na rexión.
[editar] Política
Desde 1979 o partido que máis tempo gobernou foi o PSOE. O actual alcalde é o socialista Alfredo García Álvarez, quen goberna desde 1999 con maioría absoluta.
| PSOE | PP | IU-BA | Outros | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| 2003 | 8 | 5 | 0 | 0 | 13 |
| 2007 | 7 | 6 | 0 | 0 | 13 |
