Soto de Valdeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°8′44″N 4°56′2″O / 43.14556, -4.93389 Soto de Valdeón é unha localidade española do concello leonés de Posada de Valdeón (Castela e León). A súa poboación (INE 2011) é de 101 habitantes (55 homes e 46 mulleres). Dista 1 km da capital municipal.

En Soto atópase a ermida da Virxe Branca (agora baixo a advocación do Carme), coñecida no val como La Capilla, data do século XVI. O máis destacado nesta poboación é que posúe os hórreos máis antigos construídos a dúas augas e cos taboleiros en sentido horizontal, en concreto podemos atopar 17 hórreos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]