Queixo de Valdeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O queixo de Valdeón é un queixo azul que se produce na provincia de León (España), no corazón dos Picos de Europa no val de Valdeón, antigamente elaborábase un queixo similar denominado "picón de Valdeón" que se adoitaba facer co leite procedente do gando do lugar.

Características[editar | editar a fonte]

Elabórase tanto con leite de cabra como de vaca ou cunha mestura de ambas e déixase madurar en covas por un período de tempo longo. Trátase dun queixo cun sabor bastante forte e cun alto contido en graxas, a pasta é lixeiramente amarela e de textura branda convérteo nun queixo bo para untar ou para elaborar salsas de acompañamento de carnes ou cogomelos. Elabórase durante todo o ano.

Outra forma de presentación deste queixo é no formato tradicional envolto en papel metalizado de aliaxes de aluminio, dado que facilita a súa conservación e mantemento dos niveis de humidade, como é frecuente na maioría de queixos azuis.

Recentes investigacións levadas a cabo pola Universidade de León, demostraron a presenza do anticanceríxeno Andrastina. Este compoñente prevén tumores canceríxenos polo que o consumo do queixo azul de Valdeón é beneficioso para a saúde.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]