Portal:País Vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O País Vasco ou Euskadi, tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte. Comprende boa parte do territorio onde se fala o éuscaro.

O País Vasco é considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. O País Vasco consta das seguintes tres provincias: Guipúscoa, Biscaia e Áraba, cuxas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria.

O País Vasco ten unha extensión total de 7.234 km², e unha poboación de 2.164.311 habitantes (INE 2015), cunha densidade de poboación de 299,19 hab/km². Oficialmente non ten unha capital, pero oficiosamente, a súa capital é Vitoria (Álava), sede das institucións comúns do Parlamento e do Goberno vasco. A cidade máis poboada é Bilbao.

Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas. Historicamente, o símbolo desta súa identidade independente é a árbore da vila biscaina de Gernika.

Artigo destacado

editar

O Saski Baskonia S.A.D. é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013 ata 2016, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".

O Baskonia compite na Liga ACB española, e nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 15.504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.

Ao longo da súa historia, o club vitoriano conseguiu 3 campionatos da Liga ACB, 6 Copas do Rei, 4 Supercopas de España, e unha Recopa de Europa.

Cidade destacada

editar

Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.

Categorías
Biografía destacada

editar

Luís Michelena Elissalt, máis coñecido como Koldo Mitxelena, nado en Errenteria o 20 de agosto de 1915 e finado en Donostia o 11 de outubro de 1987, foi un filólogo vasco, unha das máximas autoridades en lingua éuscara e un dos artífices do éuscaro batua.

En 1959 doutorouse en Filosofía e Letras, disciplina na que se iniciara na cadea. En 1958 ocupou a cátedra de Lingua e Literatura vascas na Universidade de Salamanca (a primeira cátedra desta lingua nunha universidade española); en 1968 foi nomeado profesor de lingüística indoeuropea.

En 1978 fixose cargo da Facultade de Filoloxía da Universidade do País Vasco. Membro da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia), ténselle considerado como unha das máximas autoridades na lingua éuscara, sendo un dos artífices da unificación deste idioma.

Imaxe destacada

editar

Cabalos na montaña Bianditz. Detrás deles óllase o macizo Aiako Harria.
Vexa o artigo montañas do País Vasco.


Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

España
España

España

Andalucía
Andalucía

Andalucía

Cataluña
Cataluña

Cataluña

Galicia
Galicia

Galicia

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons