Portal:Balonmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O balonmán é un deporte de pelota no que se enfrontan dous equipos. Cada equipo está composto por sete xogadores (seis xogadores e un porteiro), podendo o equipo contar con outros sete xogadores reservas que poden intercambiarse en calquera momento cos seus compañeiros. Xógase nun campo rectangular cunha portería en cada lado do campo. O obxectivo do xogo é desprazar unha pelota polo campo, valéndose fundamentalmente das mans, para tentar introducila na portería contraria, acción que se denomina gol. O equipo que marca máis goles ao finalizar o partido, que consta de dúas partes de 30 minutos, é o que resulta gañador, podendo darse tamén o empate.

Aínda que ao longo da historia ten habido numerosos xogos de pelota que empregaron as mans, o balonmán moderno é relativamente recente, xa que as súas primeiras reglamentacións datan dos últimos anos do século XIX, e a súa estandarización definitiva non chegou ata o ano 1926, cando as regras do xogo uniformáronse para o xogo entre equipos de once xogadores ao aire libre, modalidade que chegou a practicarse nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936, mais co paso do tempo o balonmán comezou a practicarse en pista cuberta, o que fixo que o número de xogadores se reducira a sete. Se ben durante un tempo as modalidades de once e sete xogadores, só esta última modalidade perviviu, debutando como deporte olímpico nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972.

Artigo destacado

editar

O Club Balonmano Cantabria (1975-2008) foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 co nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle Authi de Los Corrales de Buelna. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido a problemas económicos, mudou a súa denominación en 1995, baixo o patrocinio de Caja Cantabria, que abandonou o seu patrocinio en 1999, adoptando o club o nome de Club Balonmano Cantabria e volvendo a Teka, denominándose o equipo Teka Cantabria ata a súa desaparición no ano 2008, tras un breve período no que foi propiedade do Racing de Santander.

A nivel nacional participou na Liga ASOBAL (nome que recibe a máxima categoría do balonmán español) dende a súa fundación en 1990 pola Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (ASOBAL) ata a súa desaparición. A Liga ASOBAL foi a herdeira da antiga liga española de balonmán que, entre 1958 e 1990, e coa denominación de División de Honra, organizou a Federación Española de Balonmano. En total, o club participou en 18 ocasións na máxima categoría, gañando o título en dúas ocasións (1992-93 e 1993-94). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como a Copa do Rei e a Supercopa de España, ambas en dúas ocasións, ou a Copa ASOBAL, que gañou catro veces. A nivel internacional conquistou nunha ocasión a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Copa de Europa, así como o Campionato Mundial de Clubs, a Recopa de Europa en dúas ocasións, ou a Copa EHF.

Durante a maior parte da súa historia, o club xogou no Pavillón de La Albericia, aínda que tamén nas súas últimas tempadas disputou partidos no Palacio de Deportes de Santander, que dispuña de maior capacidade que o anterior.

Así van
Categorías
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Biografía destacada

editar

Marian Cozma, nado o 8 de setembro de 1982 en Tei, Bucarest (Romanía) e finado en Veszprém (Hungría) o 8 de febreiro de 2009, foi un xogador de balonmán romanés que xogaba na demarcación de pivote. Desenvolveu a súa carreira profesional no CS Dinamo Bucureşti romanés e no MKB Veszprém KC húngaro. Foi internacional coa selección romanesa en 60 ocasións, marcando 115 goles.

Cozma foi guiado ao balonmán por seu pai, Petre, tamén xogador de balonmán, e comezou a xogar no CS Dinamo Bucureşti. Foi precisamente no Dinamo onde comezou a súa carreira profesional, xogando dende 2002 ata 2006, período no que gañou o campionato romanés na tempada 2004-2005. Durante o tempo que xogou no Dinamo, Cozma foi acoitelado unha vez preto da súa casa por un grupo de seareiros radicais dun equipo rival: "Preguntáronme se era Cozma do Dinamo e entón un deles acoiteloume polas costas", declarou. A pesar do incidente, Cozma recuperouse e pouco despois volveu á cancha. En 2006, asinou polo MKB Veszprém KC húngaro. Co seu novo equipo xogou a EHF Champions League na tempada 2006-2007, anotando 17 goles na competición. No 2008, gañou a liga húngara e a Recopa de Europa, derrotando ao Rhein-Neckar Löwen alemán na final.

Cozma foi asasinado o 8 de febreiro de 2009 cando estaba nun bar da cidade húngara de Veszprém e un grupo de 30 homes o agrediron. A pelexa continuou fóra do local, onde o xogador recibiu unha coitelada no corazón. Na liorta tamén se viron involucrados os seus compañeiros de equipo Ivan Pesic e Zarko Sesum, que tiveron que ser hospitalizados.

Imaxe destacada

editar

Mara Friton (HSG Bensheim/Auerbach) nunha acción fronte ao SC Riesa
Vexa o artigo balonmán
Sabías que...?

editar


Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Baloncesto
Baloncesto

Baloncesto

Deportes gaélicos
Deportes gaélicos

Deportes gaélicos

Fórmula 1
Fórmula 1

Fórmula 1

Hóckey a patíns
Hóckey a patíns

Hóckey a patíns

Hóckey sobre xeo
Hóckey sobre xeo

Hóckey sobre xeo

Rugby
Rugby

Rugby

Proxectos irmáns