Portal:Segunda Guerra Mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portais:  Ballet • Fórmula 1 • Galicia • Historia • Hóckey a patíns • Música rock • Ópera • Segunda Guerra Mundial  (Portal da comunidade)

Segunda Guerra Mundial

editar A Segunda Guerra Mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.

Artigo destacado

editar

Soldados estadounidenses erguendo a súa bandeira en Iwo Jima o 23 de febreiro de 1945.
A batalla de Iwo Jima, denominada en clave «Operación Detachment», é o nome que recibe un dos combates máis sanguentos da Segunda Guerra Mundial, librado na illa de Iwo Jima entre as forzas do exército estadounidense e as do Imperio do Xapón de febreiro a marzo de 1945, durante a Guerra do Pacífico (1937-1945).

Ao final dos combates, os estadounidenses lograron conquistar a illa e controlar os seus importantes campos de aviación, aínda que, durante a cruenta batalla, atopáronse cunha resistencia extrema dos xaponeses, resistencia que supuxo a morte da maioría dos seus combatentes.

No cumio do monte Suribachi da illa, aos poucos días do inicio dos combates, o xornalista Joe Rosenthal tomou unha das imaxes máis difundidas da Segunda Guerra Mundial, titulada Raising the Flag on Iwo Jima, galardoada co premio Pulitzer, na que se observa a varios soldados poñendo o mastro co que erixiron a bandeira estadounidense naquel lugar.

Imaxe destacada

editar

Bomba atómica de Nagasaki.

Nube en forma de fungo provocada pola bomba atómica que lanzaron os Estados Unidos sobre Nagasaki, o 9 de agosto de 1945.

Personalidade destacada
Sabías que...

editar

Avións xaponeses antes do ataque a Pearld Harbor
  • ... O primeiro submarino alemán en ser afundido polos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial foi o U-656, afundido no día 1 de marzo de 1942?
  • ... O submarino alemán U-234 transportava entre outras cousas uranio para o programa nuclear xaponés, pezas de mísiles V-2 e científicos; antes da súa rendición o 14 de maio de 1945?
  • ... O U-106 foi un dos submarinos alemán con máis éxito durante a Segunda Guerra Mundial, afundindo 22 embarcacións Aliadas?
  • ... A 7ª División Panzer foi a unidade militar que conseguiu percorrer a maior distancia en territorio inimigo nun único dia, alcanzando 350 km en Francia indo da Alemaña até Dunquerque?
Categorías
Cousas que podes facer
Contido relacionado