Tobago
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tobagoé a segunda maior illa da nación de Trindade e Tobago, e está situada a nordeste da illa principal, Trinidade, entre o mar Caribee mailo océano Atlántico. Tobago ten unha área de 300 km², e aproximadamente 42 km de longo por 10 de largo. As suas coordenadas xeográficas son de 11ºN de latitude e 60ºW de lonxitude. A poboación é de preto de 50.000 habitantes. A cidade principal é Scarborough, con preto de 17.000 habitantes. O clima é tropical.
| Tobago | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Scarborough |
| País | Trindade e Tobago |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | Antillas Menores |
| Linguas | |
| Poboación (2000) | 54.084 hab. |
| Superficie | 300 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 11°15′N 60°40′W / 11.25°N 60.667°W |
| Maior Altura | 572 m. Pidgeon Peak |
| Localización | |