Pasífae (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pasífae
Descubrimento
Descuberta por P. J. Melotte
Descuberta no 27 de xaneiro de 1908
Designación alternativa Xúpiter VIII
Características orbitais
Raio orbital medio 24.094.770 km[1]
Periapse 16.980.250 km[1]
Apoapse 31.209.300 km[1]
Excentricidade 0,2953[1]
Período orbital 764,082032 d (2,092 a)[1]
Inclinación 145,24° (respecto da eclíptica)
143,04° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1]
Velocidade orbital 2,242 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 30 km[2]
18? km[3]
Área superficial ~11.300 km²
Volume ~113.000 km3
Masa ~3,0 x 1017 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[2]
Gravidade superficial ~0,022 m/s2 (0,002 g)
Velocidade de escape ~0,036 km/s
Albedo 0,04 (asumido)[2]
0,10[3]
Temperatura ~124 K

Pasífae (ou en grego Πασιφάη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta no ano 1908 por Philibert Jacques Melotte[4][5] e recibiría máis tarde o nome mitolóxico de Pasífae, na mitoloxía grega, Pasífae era a muller de Minos e nai do Minotauro.

Foi vista por primeira vez nunha placa tomada no Royal Greenwich Observatory, na noite do 28 de febreiro de 1908. Na inspección de placas previas, sería detectada a lúa nunha placa tomada o 27 de xaneiro. Recibiu a designación provisional 1908 CJ, ó principio non estaba moi claro se era unha lúa de Xúpiter ou un asteroide. A confirmación de que era unha lúa de Xúpiter chegaría o 10 de abril.[6] Pasífae non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975;[7], antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter VIII. Foi chamada ás veces "Poseidón"[8] entre os anos 1955 a 1975.

Órbita[editar | editar a fonte]

Satélites irregulares retrógrados de Xúpiter.

Pasífae órbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha gran excentricidade e tamén cunha gran inclinación. Esta lúa dálle o seu nome ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de quilómetros, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.[9] Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Pasífae. O diagrama ilustra a órbita de Pasífae en relación a outros satélites irregulares retrógrados de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.

Pasífae tamén é moi coñecida por estar nunha resonancia orbital secular con Xúpiter (facendo coincidir a lonxitude da súa periapse coa lonxitude do perihelio de Xúpiter).[10]

Características físicas[editar | editar a fonte]

Cun diámetro estimado de 58 km, Pasífae é a lúa retrógrada irregular máis grande de Xúpiter e a terceira máis grande entre tódalas lúas irregulares de Xúpiter, só por detrás das lúas Himalia e Elara.

As medicións espectroscópicas no infravermello indican que Pasífae ten un espectro semellante ós dalgún dos tipos de asteroides existentes, o cal fai sospeitar dunha posible orixe asteroidal. De feito pénsase que esta lúa podería se-lo fragmento dun asteroide capturado, así coma as outras lúas do grupo de satélites Pasífae.[11][12]

No espectro visible, Pasífae aparece gris (índices de cor B-V=0.74 V-R=0.38), de xeito semellante ós asteroides tipo C.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Jacobson, R. A. (2000). "The Orbits of the Outer Jovian Satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. DOI:10.1086/316817. http://www.iop.org/EJ/article/1538-3881/120/5/2679/200233.html.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 12-12-2008.
  3. 3,0 3,1 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). "Jovian Satellite Fact Sheet". NASA (National Space Science Data Center). http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/joviansatfact.html. Consultado o 12-12-2008.
  4. Melotte, P. J. (1908). "Note on the Newly Discovered Eighth Satellite of Jupiter, Photographed at the Royal Observatory, Greenwich". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 68 (6): 456–457. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-data_query?bibcode=1908MNRAS..68..456.&db_key=AST&link_type=ABSTRACT&high=40daf3f6f927275.
  5. Perrine, C. D. (Xuño 1908). "Recent Observations of the Moving Object Near Jupiter, Discovered at Greenwich by Mr. J. Melotte". Harvard College Observatory Bulletin 20: 184–185. DOI:10.1086/121815. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-data_query?bibcode=1908PASP...20..184M&db_key=AST&link_type=ABSTRACT&high=40daf3f6f927275.
  6. Cowell, P. H. (1908). "Note on the Discovery of a Moving Object Near Jupiter". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 68: 373. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-data_query?bibcode=1908MNRAS..68..373.&db_key=AST&link_type=ABSTRACT&high=40daf3f6f927275.
  7. IAUC 2846: Satellites of Jupiter 7 de outubro de 1974 (bautizando a lúa)
  8. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. ISBN 0-134-78107-4.
  9. Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; e Porco, C. C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280
  10. Nesvorný, D.; Beaugé, C.; e Dones, L. (2004). Collisional Origin of Families of Irregular Satellites. 127. pp. 1768–1783. DOI:10.1086/382099. http://www.iop.org/EJ/article/1538-3881/127/3/1768/203442.html.
  11. Brown, M. E. (2000). "Near-Infrared Spectroscopy of Centaurs and Irregular Satellites". The Astronomical Journal (The American Astronomical Society) 119: 977. DOI:10.1086/301202.
  12. Sheppard, S. S.; e Jewitt, D. C.; An Abundant Population of Small Irregular Satellites Around Jupiter, Nature, Vol. 423 (Maio 2003), pax. 261-263
  13. Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; e Aksnes, K.; Photometric Survey of the Irregular Satellites, Icarus, Vol. 166 (2003), pp. 33-45

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]