Megaclite (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megaclite (en latín Megaclītē, en grego Μεγακλειτη), tamén coñecida coma Xúpiter XIX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 8.[1][2][3]

Megaclite ten uns 5,4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,687 millóns de kms, tarda 792,437 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 150° con respecto á eclíptica (148° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,308. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, Megaclite na mitoloxía grega era (xunto con Zeus) nai de Tebe e Locro (aínda que algúns autores asígnanlles outra nai).[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
  2. MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
  3. MPEC 2001-T59: S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10 15 de outubro do 2001 (efemérides revisadas)
  4. IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa "Megaclite")
  5. IAUC 8023: Satellites of Jupiter 29 de novembro do 2002 (corrixindo o nome)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]