Autonoe (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Autonoe (ou en grego Αυτονόη), tamén coñecida coma Xúpiter XXVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 1.[1][2][3]

Autonoe ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,264 millóns de kms, tarda 772,168 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (150° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,369. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Autonoe na mitoloxía grega era unha das 'conquistas' de Zeus (Xúpiter),[4] nai das Cárites ou Gracias segundo algúns autores. [5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]