Velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Km/s")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Movemento orbital dun satélite artificial arredor da Terra. O vector tanxente á órbita é a velocidade do satélite.

En Física, enténdese por velocidade a variación na posición dun corpo partido por unidade de tempo. No S.I., a velocidade exprésase en m/s (metro/segundo), aínda que tamén é habitual facelo en km/h (quilómetro/hora).

A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.

Fórmulas[editar | editar a fonte]

As fórmulas que relacionan a velocidade, son:


Velocidade instantánea
Fórmula Chave
\vec v = \frac{\Delta\ \vec r}{\Delta\ t} cando \Delta\ t \to 0 \vec v = velocidade

\Delta\ \vec r = vector desprazamento \Delta\ t = tempo transcorrido


Unidades[editar | editar a fonte]

As unidades máis habituais para medir a velocidade son:

O valor real desta última é:

  • c = 299 792 km/s
  • c = 299 792 458 m/s

As relacións máis importantes entre o resto delas son:

  • 1 km/s = 3600 km/h
  • 1 m/s = 3,6 km/h
  • 1 km/h ≈ 0,27778 m/s
  • 1 mph ≈ 1,609344 km/h
  • 1 km/h ≈ 0,62137 mph
  • 1 mph ≈ 0,44704 m/s
  • 1 m/s ≈ 2,2369 mph

A seguinte táboa resume tódolos valores:

km/s m/s mph km/h
para obter km/s multiplicar por 1 0,001 0,00044704 0,00027778
para obter m/s multiplicar por 1000 1 0,44704 0,27778
para obter mph multiplicar por 2236,9 2,2369 1 0,62137
para obter km/h multiplicar por 3600 3,6 1,609344 1