Pasítea (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha impresión artística de Pasítea tal como pode ser vista dentro do programa de ordenador, Celestia

Pasítea (ou en grego Πασιθέα), tamén coñecida coma Xúpiter XXXVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 6.[1][2]

Pasítea ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,307 millóns de kms, tarda 727,933 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 166° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3289. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Pasítea era unha das Gracias, deusas do encanto, a beleza, a natureza, a creatividade humana e a fertilidade, fillas de Zeus (Xúpiter) e Eurínome.[3] Pasítea, era máis coñecida coma Aglaia ou Aglaea, a cal era a muller de Hypnos (O Sono) e presidía as alucinacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)
  2. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]