Amaltea (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amaltea

Amaltea (greek: Αμάλθεια) é a terceira das lúas en orde de distancia a Xúpiter. Descuberta o 9 de setembro de 1892 por Edward Emerson Barnard, Amaltea foi a última lúa en ser descuberta por observación visual directa. Orbita a 181.300 km do planeta e ten un diámetro de 189 km.

Recibe o nome en honra de Amaltea, a ninfa que alimentou a Zeus co seu leite. O nome non foi formalmente adoptado pola IAU ata 1975, aínda que era a denominación que recibía dende había décadas por suxestión de Camille Flammarion, xunto co nome de Xúpiter V.

Non se debe confundir co asteroide 113 Amaltea.

Características físicas[editar | editar a fonte]

Amaltea.

Amaltea é o obxecto máis vermello do sistema solar, mesmo máis que Marte. A súa cor vermella débese, aparentemente, ao sulfuro dos volcáns de Ío. Pequenas zonas de cor verde aparecen nas inclinacións principais de Amaltea, pero descoñécese a orixe destas manchas.

A forma de Amaltea é irregular, con dimensións de 270 × 168 × 150 km. A súa superficie está inzada de cráteres, algúns moi grandes en comparanza co tamaño do satélite. O cráter máis longo, Pan, mide 100 km de diámetro e 8 km de profundidade. Amaltea ten dúas montañas coñecidas, Mons Lyctas e Mons Ida, con 20 km de altura.

A súa composición é máis semellante á dun asteroide que á un satélite.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega, Amaltea era a cabra ou ninfa que deu de mamar ó deus Zeus.

Ciencia ficción[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]