S/2003 J 16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

S/2003 J 16 é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos liderado por Brett J. Gladman no ano 2003.[1][2]

S/2003 J 16 ten un diámetro duns 2 kms e orbita Xúpiter a unha distancia media duns 20,744 Gm en 610,362 días, cunha inclinación orbital de 151° respecto da eclíptica (149° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,3185. Esta lúa é o pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares retrógradas que orbitan Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm, con inclinacións próximas ós 150°.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn abril do 2003 (descubrimento).
  2. MPEC 2003-G20: S/2003 J 18 abril do 2003 (descubrimento e efemérides).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]