Euante (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euante (ou en grego Ευάνθη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXIII, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 J 7.[1][2] Recibiu o nome de Euante en agosto do 2003, de acordo con algúns escritores versados na mitoloxía grega, Euante era a nai das Gracias.[3]

Euante ten un diámetro duns 3 kms e órbita Xúpiter a unha distancia duns 20,465 Gm en 598,093 días, cunha inclinación orbital de 143° respecto da eclíptica (142° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2001.

Euante pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares que órbita Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm e cunhas inclinacións de preto de 150°; pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5]


Notas[editar | editar a fonte]

Euanthe.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]