Aoede (lúa)
Aoede (ou en grego Αοιδή), coñecida tamén coma Xúpiter XLI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 7.[1][2]
Aoede ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,044 millóns de kms, tarda 714,657 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 160° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4311. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Aoede na mitoloxía grega era unha das tres Musas orixinais. Aoede era a musa das cancións e era filla de Zeus (Xúpiter) e Mnemosine.[3]
Notas [editar]
- ↑ IAUC 8087: Satellites of Jupiter 4 de marzo do 2003 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2003-E11: S/2003 J 1, 2003 J 2, 2003 J 3, 2003 J 4, 2003 J 5, 2003 J 6, 2003 J 7 4 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8502: Satellites of Jupiter 30 de marzo do 2005 (bautizando a lúa)
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||