Himalia (lúa)
|
|
|
|
|
|
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | C. D. Perrine |
| Descuberta no | 16 de decembro de 1904 |
| Designación alternativa | Xúpiter VI |
| Características orbitais | |
| Radio orbital medio | 11.460.000 km[1] |
| Periapse | 9.782.900 km |
| Apoapse | 13.082.000 km |
| Excentricidade | 0,16[1] |
| Período orbital | 250,56 d (0,704 a)[1] |
| Inclinación | 27,50° (respecto da eclíptica) 29,59° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1] |
| Velocidade orbital | 3,312 km/s |
| Satélite de | Xúpiter |
| Características físicas | |
| Radio medio | 85 km[2] |
| Área superficial | ~90.800 km² |
| Volume | ~2.570.000 km3 |
| Masa | ~6,7 x 1018 kg[2] 4,19 x 1018 kg[3] |
| Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida[2] 1,63 g/cm³ (asumindo un radio de 85km)[3][4] |
| Gravidade superficial | ~0,062 m/s2 (0,006 g) |
| Velocidade de escape | ~0,100 km/s |
| Período de rotación | 7,782 h[5] |
| Albedo | 0,04[2][6] |
| Temperatura | ~124 K |
| Magnitude | 14,6[2] |
Himalia (ou en grego ‘Ιμαλíα) é máis grande das lúas irregulares de Xúpiter, e en relación a tódalas lúas de Xúpiter é a sexta en tamaño e a quinta en masa. (só as catro lúas de Galileo teñen máis masa ca Himalia). Foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio de Lick o 3 de decembro de 1904[7] e recibiría o nome Himalia que procede da mitoloxía grega, Himalia era unha ninfa que trouxo ó mundo tres fillos de Zeus (o equivalente grego de Xúpiter).
Índice |
Descubrimento e nome [editar]
Himalia, a máis grande das lúas irregulares de Xúpiter, foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio de Lick o 3 de decembro de 1904.[7]
O nome de Himalia procede da mitoloxía grega, onde Himalia era unha ninfa que trouxo ó mundo tres fillos de Zeus (o equivalente grego de Xúpiter). A lúa non recibiría este nome oficialmente ata o ano 1975;[8] antes disto, sinxelamente era coñecida coma Xúpiter VI, aínda que se reclamou un nome propio para a lúa pouco despois do seu descubrimento e do de Elara.
A lúa recibía algunhas veces o nome de Hestia, a deusa grega do fogar, entre os anos 1955 e 1975.[9]
Órbita [editar]
É o membro máis grande do grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11,4 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 27,5°.[10] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000,[1] pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.
Características físicas [editar]
Himalia aparece neutra (gris), coma o resto das lúas do seu grupo, cuns índices de cores de B-V=0,62, V-R= 0,4, semellantes a un asteroide do tipo C.[11] As medicións feitas pola Cassini confirman estas propiedades no espectro, cunha feble liña de absorción a 3 μm, a cal indicaría a presencia de auga.[12]
Masa [editar]
No ano 2005, Emelyanov estimou que Himalia debía ter unha masa de 4,19 x 1018 kg (GM=0,28), baseándose na perturbación de Elara do 15 de xullo de 1949.[3] O JPL asumía que Himalia tiña unha masa de 6,7 x 1018 kg (GM=0,45) cun radio de 85 kms.[2]
A densidade de Himalia dependera de se o radio medio da lúa é de 67 kms (media xeométrica obtida grazas a Cassini no 2000)[3] ou se o radio estimado está preto dos 85 km.[2]
| Fonte | Radio km |
Densidade g/cm³ |
Masa kg |
|---|---|---|---|
| Emelyanov | 67 | 3,33 | 4,19 x 1018 |
| Emelyanov | 85 | 1,63[4] | 4,19 x 1018 |
| JPL SSD | 85 | 2,6 | 6,7 x 1018 |
Exploración [editar]
En novembro do 2000, a sonda Cassini, de camiño a Saturno, fixo unha serie de imaxes de Himalia, incluindo fotos tomadas a unha distancia de 4,4 millóns de kms. A lúa só cubría uns cantos píxeles, pero semellaba ser alongada cuns eixos de 150 ± 20 e 120 ± 20 km, datos moi achegados ás estimacións das observacións feitas dende a Terra.[6]
En febreiro e marzo do 2007, a sonda New Horizons na súa viaxe cara Plutón, fixo unha serie de imaxes de Himalia, as máis próximas tomadas a unha distancia duns oito millóns de kms; de novo Himalia víase un pequeno grupo de píxeles.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. DOI:10.1086/316817.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 11-12-2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Emelyanov, N.V.; Archinal, B. A.; A’hearn, M. F.; e o seu equipo. (2005). "The mass of Himalia from the perturbations on other satellites". Astronomy and Astrophysics 438: L33–L36. DOI:10.1051/0004-6361:200500143.
- ↑ 4,0 4,1 Densidade = GM / G / (Volume dunha esfera de 85km) = 1.63 g/cm³
- ↑ Pilcher, F.; Mottola, S., Denk, T. (2012). "Photometric lightcurve and rotation period of Himalia (Jupiter VI)". Icarus 219 (2): 741-742. DOI:10.1016/j.icarus.2012.03.021.
- ↑ 6,0 6,1 Porco, Carolyn C.; e o seu equipo. (Marzo 2003). "Cassini Imaging of Jupiter's Atmosphere, Satellites, and Rings". Science 299: 1541–1547. DOI:10.1126/science.1079462. PMID 12624258.
- ↑ 7,0 7,1 "Discovery of a Sixth Satellite of Jupiter". Astronomical Journal 24 (18): 154B. 1905. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/AJ.../0024//0000154I002.html.;
"Sixth Satellite of Jupiter Confirmed (Himalaia)". Harvard College Observatory Bulletin 175. 25-01-1905. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/BHarO/0175//0000001.000.html.; Perrine, C.D. (1905). "Discovery of a Sixth Satellite to Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 17: 22–23. DOI:10.1086/121619. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/PASP./0017//0000022.000.html.;
Perrine, C.D. (1905). "Orbits of the sixth and seventh satellites of Jupiter". Astronomische Nachrichten 169: 43–44. DOI:10.1002/asna.19051690304. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/AN.../0169//0000027.000.html. - ↑ Marsden, B. G. (7 de outubro de 1974). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846. http://cfa-www.harvard.edu/iauc/02800/02846.html.
- ↑ Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. ISBN 0-134-78107-4.
- ↑ Jewitt, David C.; Sheppard, Scott, e Porco, Carolyn (2004). "Jupiter’s Outer Satellites and Trojans" (pdf). Jupiter: The planet, Satellites and Magnetosphere. Cambridge University Press; Bagenal, F.; Dowling, T.E.; McKinnon, W.B.. http://www.dtm.ciw.edu/users/sheppard/pub/Sheppard04JupChapter.pdf.
- ↑ Rettig, Terrence W.; Walsh, Kevin; e Consolmagno, Guy (2001). "Implied Evolutionary Differences of the Jovian Irregular Satellites from a BVR Color Survey". Icarus 154: 313–320. DOI:10.1006/icar.2001.6715.
- ↑ Chamberlain, Matthew A.; Brown, Robert H. (2004). "Near-infrared spectroscopy of Himalia". Icarus 172: 163–169. DOI:10.1016/j.icarus.2003.12.016.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Himalia Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- David Jewitt pages (en inglés)
- Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||