Lisitea (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lisitea
Descubrimento
Descuberta por S. B. Nicholson
Descuberta no 6 de xullo de 1938[1]
Designación alternativa Xúpiter X
Características orbitais
Raio orbital medio 11,720,000 km[2]
Excentricidade 0,11[2]
Período orbital 259,20 d (0,69 a)[2]
Inclinación 28,30° (respecto da eclíptica)
25,77° (respecto do ecuador de Xúpiter)[2]
Velocidade orbital 3,29 km/s km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 18 km[3]
Área superficial ~4.100 km²
Volume ~24.400 km3
Masa ~6,3 x 1016 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[3]
Gravidade superficial ~0,013 m/s2 (0,001 g)
Velocidade de escape ~0,022 km/s
Albedo 0,04[3]
Temperatura ~124 K

Lisitea (ou en grego Λυσιθέα) é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson no ano 1938 no Observatorio do Monte Wilson[1] e recibiu o nome de Lisitea procedente da mitoloxía grega, Lisitea era filla de Oceanus e dunha das amantes de Zeus.[4]

Lisitea non recibiría o seu nome oficialmente ata o ano 1975; antes desta data era coñecida simplemente coma Xúpiter X. Foi algunhas veces chamada tamén "Demeter"[5] entre os anos 1955 a 1975.

Pertence ó grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 28,3°.[2] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nicholson, S.B. (1938). "Two New Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 50: 292–293. DOI:10.1086/124963. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/PASP./0050//0000292.000.html.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. DOI:10.1086/316817.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 11-12-2008.
  4. Marsden, B. G. (1974-10-07). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846. http://cfa-www.harvard.edu/iauc/02800/02846.html.
  5. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Introduction to Astronomy. Prentice-Hall. ISBN 0-134-78107-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]