Elara (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elara
Elara2-LB1-mag17.jpg
Elara preto do resplandor de Xúpiter.
Descubrimento
Descuberta por C. D. Perrine
Descuberta o 2 de xaneiro de 1905[1][2]
Designación alternativa Xúpiter VII
Características orbitais
Raio orbital medio 11,740,000 km (0,07810 UA)[3]
Excentricidade 0,22[3]
Período orbital 259,64 d (0,708 a)[3]
Inclinación 26,63° (respecto da eclíptica)
30,66° (respecto do ecuador de Xúpiter)[3]
Velocidade orbital 3,27 km/s km/s[3]
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 43 km[4]
Área superficial ~23.200 km2
Volume ~333.000 km3
Masa 8,7 x 1017 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[4]
Gravidade superficial ~0,031 m/s2 (0,003 g)
Velocidade de escape ~0,052 km/s
Período de rotación ~0,5 d (12 h)
Albedo 0,04[4]
Temperatura ~124 K
Magnitude aparente 16,3[4]

Elara (ou en grego Ελάρα) é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio Lick no ano 1905[1][2]. É a oitava lúa máis grande de Xúpiter e recibiu o nome da nai do xigante Tityus (o seu pai era Zeus).[5]

Elara non recibiría o seu nome oficialmeete ata o ano 1975; antes desta data era coñecida simplemente coma Xúpiter VII. Foi algunhas veces chamada tamén "Hera"[6] entre os anos 1955 a 1975.

Elara pertence ó grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 27,5°.[3] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.

Encontro coa sonda New Horizons[editar | editar a fonte]

En febreiro e marzo do ano 2007, a sonda New Horizons, de viaxe cara Plutón, capturou varias imaxes LORRI a unha distancia duns cinco millóns de quilómetros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Perrine, C. D. (27-02-1905). "Satellites of Jupiter". Harvard College Observatory Bulletin 178. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/BHarO/0178//0000001.000.html.
  2. 2,0 2,1 Perrine, C. D. (1905). "The Seventh Satellite of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 17 (101): 62–63. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/PASP./0017//0000062.000.html.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. DOI:10.1086/316817.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 03-04-2009. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 10-08-2009.
  5. Marsden, B. G. (1974-10-07). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846. http://cfa-www.harvard.edu/iauc/02800/02846.html.
  6. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. ISBN 0-134-78107-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]