Carme (lúa)
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | S. B. Nicholson |
| Descuberta o | 30 de xullo de 1938[1] |
| Designación alternativa | Xúpiter XI |
| Características orbitais | |
| Radio orbital medio | 23,4 millóns de kms[2] |
| Excentricidade | 0,25[2] |
| Período orbital | 702,28 d (2,045 a)[2] |
| Inclinación | 164,91° (respecto da eclíptica) 167,53° (respecto do ecuador de Xúpiter)[2] |
| Velocidade orbital | 2,253 km/s |
| Satélite de | Xúpiter |
| Características físicas | |
| Radio medio | ~23 km[3] |
| Área superficial | ~6.600 km² |
| Volume | ~51.000 km3 |
| Masa | 1,3 x 1017kg |
| Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida[3] |
| Gravidade superficial | ~0,017 m/s2 (0,0017 g) |
| Velocidade de escape | ~0,028 km/s |
| Albedo | 0,04[3] |
| Temperatura | ~124 K |
Carme (ou en grego Κάρμη) é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta o 30 de xullo de 1938 por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson, California.[1] Recibiría o nome da Carme mitolóxica, nai (xunto con Zeus) da deusa cretense Britomartis.
Carme non recibiría o seu nome oficial ata 1975,[4] antes disto era coñecida sinxelamente coma Xúpiter XI. Foi chamada ás veces "Pan"[5] entre os anos 1955 a 1975 (Pan é actualmente o nome dunha das lúas de Saturno).
Esta lúa dálle o seu nome a un grupo de satélites, o grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[2] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Carme.
Índice |
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 Nicholson, S. B. (1938). "Two New Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 50: pp.292–293. DOI: 10.1086/124963.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jacobson, R. A. (2000). "The Orbits of Outer Jovian Satellites". Astronomical Journal 120: pp.2679–2686. DOI: 10.1086/316817.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Planetary Satellite Physical Parameters. JPL (Solar System Dynamics) (24-10-2008). Consultado o 12-12-2008.
- ↑ IAUC 2846: Satellites of Jupiter 1974 October 7 (bautizando a lúa)
- ↑ Payne-Gaposchkin, Cecilia, Katherine Haramundanis (1970), Prentice-Hall Introduction to Astronomy.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Carme Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- David Jewitt pages (en inglés)
- Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||