Michael E. Brown
Michael E. Brown
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Michael E. Brown, nado o 5 de xuño de 1965, é un profesor do planetario astronómico do Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) dende o 2003. Anteriormente foi profesor asociado de Caltech no 2002–2003 e profesor asistente, tamén en Caltech en 1997–2002.[1]
Índice |
Educación[editar]
Brown é nativo de Huntsville, Alabama e graduouse no Instituto Virgil I. Grissom en 1983. Brown obtivo o A.B. en física na Universidade Princeton en 1987. Logo fixo un máster e un doutoramento, en 1990 e 1994 respectivamente, na Universidade de California, Berkeley.[1]
Descubertas[editar]
Brown é coñecido na comunidade científica polas súas pequisas de obxectos que orbitan o Sol. O seu equipo descubriu moitos dos obxectos transneptunianos (TNOs). Particularmente notables son Eris, o único TNO descuberto que é maior que Plutón, e é un dos planetas ananos que hai no Sistema Solar; 90377 Sedna, un planetoide; e 90482 Orcus.
Controversia sobre Haumea[editar]
- Artigo principal: Haumea (planeta anano).
Brown e o seu equipo tamén estiveron observando o planeta anano Haumea aproximadamente seis meses antes de que fora anunciada a súa descuberta por José Luis Ortiz Moreno e os seus compañeiros do Observatorio de Serra Nevada, en España. Brown acusou a Ortiz de fisgar no seus arquivos para levalo recoñecemento da descuberta de Haumea. O certo é que IPs radicadas no Instituto de Astrofísica de Andalucía (CSIC), onde Ortiz traballa, constan como titulares de e-mails enviados por Ortiz e compañeiros. Isto ocorreu na semana anterior ao anuncio do descubrimento.[2] Cando se lle preguntou por esta actividade el respondeu que a única razón era porque non anunciaban o obxecto, pois eles xa o tiñan identificado.[3]
Brown pediulle á Unión Astronómica Internacional que lle acredite ao seu equipo o descubrimento de Haumea. Non obstante, Ortiz e compañeiros son os descubridores, mentres que a autoría do nome é de Brown. Ortiz prefería Ataecina.
Honores e galardóns[editar]
Brown foi definido por Time's no 2006 como unha das cen persoas máis influentes.[4] No 2007 recibiu o premio anual de Caltech, Feynman Prize. O asteroide 11714 Mikebrown, descuberto o 28 de abril de 1998, recibe o seu nome na súa honra.[5]
Michael Brown formou persoas da astrofísica como poden ser Jean-Luc Margot, Chad Trujillo, e Marc Kuchner.
Vida persoal[editar]
Brown casou con Diane Binney o 1 de marzo de 2003.[6], con quen ten unha filla.[7]
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 Brown, Michael. "Curriculum vitae". http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/papers/cv.html. Consultado o 4 de marzo de 2010.
- ↑ Brown, Michael. "The electronic trail". http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/planetlila/ortiz/. Consultado o 11 de marzo de 2010.
- ↑ Overbye, Dennis (2005-09-13). "One Find, Two Astronomers: An Ethical Brawl". New York Times. http://www.nytimes.com/2005/09/13/science/space/13plan.html?ei=5090&en=7f5f96302a67ae30&ex=1284264000&emc=rss&pagewanted=all. Consultado o 2006-08-25.
- ↑ Lemonick, Michael D. (2006-04-30). "Mike Brown: Pluto's Worst Nightmare". Time. http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,1187237,00.html. Consultado o 2006-08-25.
- ↑ "11714 Mikebrown (1998 HQ51)" (online). JPL Small-Body Database Browser. Jet Propulsion Laboratory. http://ssd.jpl.nasa.gov/sbdb.cgi?sstr=11714+Mikebrown. Consultado o 2009-02-20.
- ↑ Brown, Michael. "Mike and Diane's Fabulous Wedding Web Page". http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/mdfw/. Consultado o 2006-08-25.
- ↑ Brown, Michael. "Lilah Binney Brown". http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/lilah/. Consultado o 2006-08-25.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Brown's homepage (en inglés)
- Mike Brown's planets Brown's blog (en inglés)