Tempo atmosférico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O tempo atmosférico comprende tódolos variados fenómenos que ocorren na atmosfera ou dun planeta.

Furacán Luís en 1995.

Normalmente a palabra "Tempo" reflicte a actividade destes fenómenos durante un período de tempo duns días. O tempo medio para un período máis longo (varios anos) é coñecido como clima. Este aspecto do tempo estúdase na climatoloxía. Actualmente hai moito interese pola variación do clima (cambio climático).

O Tempo terrestre[editar | editar a fonte]

Vexa Meteoroloxía.
Xeada en Santiago de Compostela o 13 de decembro de 2007.

Na Terra, os fenómenos meteorolóxicos regulares, tamén chamados meteoros climáticos inclúen vento, tormentas, chuvia, neve, e sarabia, que ocorre na troposfera é dicir na parte más baixa da atmosfera. O tempo cambia movido polas diferencias de enerxía recibida do sol. Debido ós ángulos con que a luz do sol incide sobre a terra, quéntanse de forma distinta as diferentes partes do planeta. Isto causa a diferencia de temperaturas que producen a circulación global da atmosfera, así como, indirectamente, tódolos outros fenómenos de tempo. As estacións meteorolóxicas miden as distintas variables locais do tempo como a temperatura, a humidade, a presión atmosférica, a capa nubosa, a velocidade do vento, e a chuvia. Coñecidas estas variables directas, pódense pescudar outras derivadas como a temperatura de orballo, ou a temperatura de sensación.

A meteoroloxía intenta mediante redes de estacións meteorolóxicas locais, estacións en barcos, e satélites meteorolóxicos pescudar as variables meteorolóxicas nos vértices dunha malla tridimensional de tamaño o menor posible. A partir destas condicións iniciais e aplicando as leis da física inténtase predicir a evolución do tempo a 12 horas, 24, 48, 72, ou 96 horas. Para iso hai que usar potentes ordenadores que se encargan de realizar os cálculos usando un modelo.

A atmosfera da Terra é un sistema caótico onde pequenos cambios nas condicións iniciais poden ter grandes efectos ó evolucionar. Este efecto que sempre limitará a predición do tempo coñécese como efecto bolboreta. Isto fai moi difícil predicir con precisión os cambios de tempo máis alá duns poucos días, inda que meteorólogos estean traballando para mellorar este límite.

O Tempo extraterrestre[editar | editar a fonte]

Gran Mancha Vermella de Xúpiter

Os fenómenos e sistemas noutros planetas son similares ós da Terra, pero a miúdo ocorre nunha escala moito máis grande. Os sistemas de tempo extraterrestres poden ser sumamente estables; como é o caso da A Gran Mancha Vermella que é unha tormenta anticiclónica coñecida por ter existido durante polo menos 300 anos no planeta Xúpiter.

Noutro dos planetas xigantes, a falta dunha superficie permite ó vento acadar velocidades enormes: refachos de 400 metros por segundo foron medidos no planeta Neptuno. Isto creou un problema para os científicos. O tempo prodúcese pola diferente enerxía proveniente do Sol e a cantidade de enerxía recibida por Neptuno é moi pequena. Este misterio inda non está resolto.

Tamén presenta mucho interese o tempo en Marte coa variación anual da presión atmosférica, as tormentas de po as enormes flutuacións da temperatura diurna e unha atmosfera que ó ser más sinxela será más previsible para os meteorólogos marcianos.

O Tempo espacial[editar | editar a fonte]

Chámase tempo espacial ás perturbacións que pode ocasionar na Terra a actividade solar. O Sol expulsa diversos tipos de radiación electromagnética e de partículas ionizadas (vento solar) que poden modificar a actividade normal da magnetosfera e da atmosfera; cando isto ocorre con certa intensidade fálase de tormentas solares. A interacción das radiacións solares poden afectar ás comunicación por radio na Terra, provocar as fermosas auroras boreais e moitos outros fenómenos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tempo atmosférico

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]