Time-lapse
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un Time-lapse é unha técnica fotográfica que consiste na captación de imaxes fixas que despois son reproducidas a unha velocidade maior á que foron tomadas. Esta técnica crea entón unha ilusión de imaxes aceleradas.
Realización [editar]
Hai varios métodos para a realización de vídeos coa técnica Time-Lapse, entre os que están:
- Gravar unha secuencia cunha vídeo cámara, para posteriormente acelerar o filme en calquera programa de edición de vídeo.
- Outro xeito é a captación de imaxes a determinados intervalos de tempo. Tirando unha fotografía cada certo tempo, e unindo esas imaxes obtemos unha secuencia co efecto de aceleración característico do time-lapse.
