Humilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cumulus humilis

Humilis é unha especie de nubes, presente exclusivamente no xénero cumulus, caracterizada polo seu pequeno tamaño. Se evolucionan e aumentan de tamaño poden dar lugar a cumulus mediocris, de tamaño medio, ou, se medran abondo, a cumulus congestus, de grande tamaño. As tres especies son exclusivas deste xénero.

Adoitan presentarse illadas e son indicadoras de bo tempo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]