Nácara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nácar iridiscente dentro dunha cuncha de Nautilus

A nácara ou nácar é unha substancia orgánica-inorgánica, xa consolidada, dura, branca arxentina, rechamante e con reflexos irisados ou iridiscentes. Forma a capa interna do caparazón de moitos moluscos, razón pola que diversos destas especies segrégano de xeito considerable para reparar os seus caparazóns danados ou para cubrir determinados obxectos dentro deles, mecanismo que é empregado polos apañadores de perlas, para administrar a uns determinados moluscos pezas no interior que saben cubrirán co nácar, converténdoos en perlas ou outros obxectos valiosos nacarados.

As cunchas que proporcionan o máis fermoso nácar son as haliótidas, as nautilas, as pintadinas entre outras. O nácar emprégase en obras de marquetería, ebanistería fina, xoiaría e para adornar abanos, botóns, fichas, etc.

Composición[editar | editar a fonte]

O nácar esta composto por plaquetas hexagonais de aragonita (carbonato de calcio (CACO3) cristalizado), de 10-20 µm de amplitude e 0,5 µm grosor, estruturados en continuas láminas paralelas. Estas estratificaciones do nácar atópanse separadas e compactadas por seccións dunha mátriz orgánica composta de biopolímeros elásticos de conquiolina (como tamén o son as proteínas da quitina, lustrina ou a seda).