Nablus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nablus (Modelo:ArS Nāblis ou Nāblus, evolución do grego Neapolis „Cidade Nova“; a bíblica Siquem. denominada Yabal an-Nār „Monte do lume“) é unha cidade da Palestina con cerca de 100.000 habitantes. Está asentada nun esteso val entre dúa montañas (árabe: Ibāl e Xirzim, citados na Biblia como Ebal e Garizim), a uns 62 km ao Norte de Xerusalén.

Xunto a poboación musulmá e cristiá, conviven aquí uns 300 membros da comunidade samaritana.

Panorama de Nablus

[editar] Historia

A cidade foi fundada no ano 72 d.C. polos romanos, que lle deron o nome de Flavia Neapolis, en honra da nova dinastía dos Flavios, pois naquela altura gobernaba en Roma o emperador Vespasiano. O lugar situábase arredor de dous quilómetros ao Leste da antiga cidade biblique de Siquem.

Conquistada a cidade polos árabes en 636, o nome foi adaptado por eles como Nablus (نابلس). Os cruzados rebautizárona como « Naples » (e xustamente o "Naples" ou "Nápoles" italiano deriva tamén dun anterior « Neapolis »). Converteuse, durante esa época, nun dos maiores centros do Reino de Xerusalén, até a súa destruzón en 1202. Posteriormente foi reconstruída de novo polos árabes.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas